Galicia, pioneira nun proxecto de aeroxeis con aplicacións biomédicas e medioambientais

O proxecto AERoGELS, proposto pola USC á convocatoria COST, impulsará unha rede internacional.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 17/12/2018

O investigador do grupo I+D Farma Carlos A. García González, da USC, lidera un proxecto de rede europea de universidades e empresas para a innovación na enxeñaría de aeroxeis con aplicacións biomédicas e medioambientais que acaba de ser recoñecido pola convocatoria COST (Cooperación Europea no ámbito da Investigación Científica e Técnica) no apartado de Enxeñaría de Materiais e Procesos Químicos. 
 
Coa denominación AERoGELS (Advanced Engineering and Research of aeroGels for Environment and Life Sciences), esta acción contará con financiamento dos fondos do Programa Horizonte2020 da Unión Europea e constitúeno unha rede de 49 prestixiosas institucións de 21 países dos eidos científico, tecnolóxico e comercial.
 
Segundo informa a USC nun comunicado, o obxectivo de AERoGELS será facilitar o desenvolvemento de produtos baseados en aeroxeis no ámbito biomédico e medio ambiental mediante o intercambio de ideas, coñecemento e resultados nunha rede multidisciplinar e multisectorial e a promoción da formación e mobilidade de investigadores europeos novos. 
 
QUE SON OS AEROXEIS?
 
Os aeroxeis son materiais porosos nanoestruturados formados por un 99% de aire e apenas un 1% de material sólido. O investigador do grupo I+D Farma da USC explica que son materiais que se veñen utilizando en produtos de alto valor engadido na industria aeroespacial ou téxtil, pero que o seu emprego para aplicacións biomédicas e medioambientais aínda non está suficientemente desenvolvidas a pesar das súas claras vantaxes
 
O proxecto terá unha duración de catro anos e é a primeira vez que unha proposta dunha universidades galega lidera unha axuda COST no ámbito de Enxeñaría de Materiais e Procesos Químicos. Como lembra o investigador Carlos A. García González, estas son axudas altamente competitivas, “cunha taxa de concesión dun 5% sobre todos os proxectos presentados”. Na súa opinión, a concesión desta iniciativa europea “fomentará o posicionamento da USC no eido dos materiais avanzados”.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Salvini

Son los mejores, que buena noticia, yo ya sabía que aquí en Galicia hay grandes genios.


O investigador do grupo I+D Farma Carlos A. García González / USC

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.