Unha vítima de violencia machista mantén que o garda civil encargado do seu caso lle propuxo sexo a cambio de axuda

O axente nega que mantivesen relacións sexuais e di que a subiu á súa casa para "darlle un bocadillo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2019

Unha muller, vítima dun suposto abuso do seu cargo por parte dun garda civil de Pontevedra, sostivo este martes ante o xuíz que o axente, que estaba encargado da súa protección como vítima de violencia de xénero, lle propuxo manter relacións sexuais a cambio de "axudala en todo".

Así o dixo durante a vista oral celebrada na Audiencia Provincial de Pontevedra contra José Ramón Q.G., un axente acusado dos delitos de solicitude sexual, negociación e actividade prohibida ao funcionario e abuso da súa función, polos que a fiscal pide que sexa condenado a unha pena de 18 meses de prisión e sete anos de inhabilitación. Os feitos foron denunciados de oficio por parte da propia Comandancia da Garda Civil.

En concreto, a muller ratificou a súa denuncia ante o tribunal e asegurou que o axente lle insistiu para que acudise á súa vivenda co obxectivo de manter relacións sexuais a cambio de axudala "en todo", aludindo á protección fronte ao seu agresor.

Neste sentido, a vítima asegurou que accedeu a manter relacións porque creu que a "ía axudar", entre outras cousas, co aluguer da súa vivenda, dado que o home tiña acceso ao seu expediente e coñecía os seus problemas económicos.

Con todo, narrou, ao rematar o encontro, el tiroulle " uns céntimos" con actitude de "desprezo", segundo recolle o escrito do fiscal. "E díxome que non era o que esperaba, que non valía para nada", afirmou ela.

Os feitos remóntanse ao ano 2016, cando o acusado exercía de comandante do posto da Garda Civil de Pontevedra. O home negou as acusacións durante a sesión deste martes.

En concreto, asegurou que nunca mantivo relacións sexuais coa muller, aínda que recoñeceu que, para "darlle para comer un bocadillo", subiu con ela ao seu domicilio, na propia Comandancia de Pontevedra.

José Ramón Q. G. explicou que, como comandante do posto, coordinaba as medidas de protección ás vítimas de violencia de xénero. Así coñeceu a esta muller cando, en maio de 2016, recibiu unha coitelada da súa exparella e tivo que ser ingresada no Hospital Montecelo, un período durante o que o axente se encargou da súa hospitalización.

Segundo a súa versión, o día dos feitos, a muller chamou a emerxencias indicando que a súa exparella quebrantara a orde de afastamento, momento no que el colleu un coche camuflado e acabou levándoa ao seu domicilio no cuartel para "facerlle un bocadillo".

O acusado atribúe esta denuncia á "mala relación" que mantén con el un superior, que foi quen instruíu o expediente.

Con todo, a fiscal do caso considera "máis crible" a versión da muller, que foi "firme na súa declaración", polo que mantivo a súa petición de pena de 18 meses de prisión e sete anos de inhabilitación.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Garda Civil

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.