Vigo e A Coruña estarán no corredor atlántico de redes europeas de transporte

A eurodeputada do BNG Ana Miranda recibiu este martes a confirmación, tras a celebración do trílogo interinstitucional entre a Comisión, o Consello e o Parlamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2019

A eurodeputada do BNG Ana Miranda recibiu este martes a confirmación de que Vigo e A Coruña estarán incluídas no corredor atlántico de redes europeas de transporte tras a celebración do trílogo interinstitucional entre a Comisión, o Consello e o Parlamento.

Miranda sinala que este é "un paso máis no proceso definitivo para corrixir os erros dos gobernos galego e estatal, que permitirá unha mellor conexión dos portos e aeroportos galegos na rede de mercadorías europea".

Tras a súa aprobación na Comisión de Transporte da Eurocámara o 22 de novembro, na sesión plenaria do 12 de decembro o Parlamento europeo deu luz verde á inclusión de Galicia no corredor atlántico. O seguinte paso será a súa previsible aprobación en próximas sesións plenarias da Eurocámara.

Respecto diso, lembra que a inclusión de Galicia neste corredor é unha constante demanda do BNG, mentres que sinala que xa en 2013, na súa anterior etapa como eurodeputada, xa defendeu esta petición. "O problema co que nos atopamos en Galicia é que os gobernos do PP nos anos precedentes decidiron priorizar outros territorios sen valorar as nefastas consecuencias económicas para Galicia", reprocha.

Para o Bloque non figurar nas redes transeuropeas de transporte significa "unha perda de oportunidades e á hora de impulsar a economía", xa que impide que os portos e aeroportos galegos estean ben conectados.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Un do común

Bravo por Ana Miranda e polo BNG, polo que isto representa para o desenvolvemento de Galiza.


Porto de Vigo / Miguel Núñez.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.