Eduemprende Idea, un concurso para potenciar a realización de proxectos empresariais

Haberá tres premios cunha dotación económica de 3.000, 2.000 e 1.000 euros, respectivamente.

Por GC Emprende | Compostela | 12/03/2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (FP) publicou este luns no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do concurso Eduemprende Idea, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado dos ensinos de FP, deportivas ou de artes plásticas de deseño.
 
O certame, enmarcado no Plan de emprendimiento no sistema educativo de Galicia, Eduemprende, conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Ademais, os premios estarán cofinanciados polo Ministerio do mesmo ramo e polo Fondo Social Europeo, segundo informou a Xunta nun comunicado.
 
As persoas que desexen participar deberán entregar coa solicitude unha ficha dos integrantes do grupo, mínimo de dous e máximo de catro, un proxecto de empresa e un resumo executivo cun vídeo do mesmo. As solicitudes presentaranse "preferiblemente" por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
 
O tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade, unha dirixida a ciclos de grao medio e outra a ciclos de grao superior, serán premiados coa incorporación a un viveiro de empresa da Consellería, así como co asesoramento técnico do Igape e cunha dotación económica de 3.000, 2.000 e 1.000 euros, respectivamente.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Estudantes e emprendedores dos programas do IESIDE / Afundación

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.