A Xunta asegura que "non é Ence quen contamina a ría"

A conselleira de Medio Ambiente dirixe as súas críticas á Administración municipal, ao suxerir que quen debe explicar a contaminación é o Concello de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2019

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, defendeu que a pasteira Ence non contamina na ría de Pontevedra ao cumprir con todos os parámetros "esixibles" e dirixiu as súas críticas á administración municipal, ao suxerir que quen debe explicar a contaminación é o Concello de Pontevedra.

"O único que si podo dicir é que non é Ence quen está a contaminar a ría. Cumprindo con todos os parámetros estipulados non se contamina, e cando hai un cumprimento pode estar situada onde está", remarcou en entrevista na Cadena Ser.

Aínda que Vázquez recoñece que a localización pode non ser a ideal, puntualiza que de momento non hai alternativas. "Quen se vai a facer cargo dese traslado?", engade a conselleira, que limita a responsabilidade da administración "agora mesmo" a avaliar "que pode suceder se segue adiante a modificación do decreto de costas, porque iso si suporía o peche non só de Ence senón tamén a afectación de 4.945 edificacións que temos nese marco de protección mariña".

Cuestionada directamente sobre quen sería o responsable da contaminación da ría, replicou que "habería que preguntarlle ao Concello de Pontevedra".

"Se dicimos que os parámetros de coliformes son máis dos que deberían estamos a falar de depuradoras e habería que analizar que pasa coas depuradoras", deixou caer, para remarcar a continuación que "a nivel ambiental o cumprimento é estrito e non hai ningún parámetro alarmante en relación con Ence".

Sobre a rexeneración da ría do Burgo na Coruña subliñou que "houbo investimentos realizadas por parte da Xunta en canto ás súas competencias" e agora "tocaban os dragados".

Neste sentido, asegura que é o Goberno "quen ten que mover ficha" para destinar os fondos europeos previstos para Santiago a esta intervención. "Eu temo que se perdan eses fondos", advertiu.

IMPUTACIÓN DO DIRECTOR XERAL DE MINAS

Por outra banda, restou importancia á imputación do director xeral de minas da Xunta, Bernardo Tahoces, dependente da Consellería de Economía, por un presunto delito de prevaricación ambiental en relación a un proxecto mineiro en Lousame, porque "toca esperar para saber cal será a conclusión de todos estes feitos", xa que "hai xente que imputan que acaba desimputada e outra que imputan que segue imputada".

No entanto, puntualizou que hai un procedemento xudicial aberto que hai que respectar e "hai que actuar sempre con dilixencia". "Na Xunta sempre tendemos a man para dar a información que sexa necesaria, son procesos longos porque vén de moi atrás e vaino a seguir sendo".

Ante a situación da canteira de Toysal en Teo centra as decisións na dirección de minas. "Eu o que teño que dicir é que é un expediente que está pechado desde o momento no que é urbanisticamente incompatible, distinto é que a empresa pedise volver traballar na canteira", subliñou.

A nivel ambiental remarca que "o informe é desfavorable e está concluído" e "agora mesmo non ten autorización para traballar nesa zona en materia de verteduras, outra cousa é falar de iniciar en traballar na canteira, aí é a Consellería de Economía e Industria a que ten que facer os informes".

MINA DE TOURO

En relación co proxecto da mina de Touro, asegura que o seu departamento solicitou máis información antes de tomar unha decisión. "Está a facerse a análise pertinente, pero vaise a cumprir estritamente coa lei, e vaise salvagardar a parte ambiental e a sanitaria, hai un prazo para pedir nova documentación se non está todo o clara que debese, e así se está facendo".

"Diríalle a todos que non teñan ningunha dúbida de que é un macroproxecto, que leva o seu tempo por parte da Administración facer os informes, agora tócalle falar á Consellería de Medio, está a facerse a análise pertinente pero vaise cumprir estritamente coa lei e se se cumpre a lei está salvagardada a parte ambiental e a sanitaria", explicou.

Outro asunto xudicializado é o vertedoiro de Miramontes. Respecto diso, destacou que a Consellería de Medio enviou as inspeccións necesarias, cunhas "actas que coñece o fiscal", ademais de realizar unha modificación de declaración ambiental integrada, pola que se lle esixiron uns parámetros á empresa que non cumpriu, coa "conclusión de que en Grixoa non poden seguir entrando residuos de carácter orgánico"

"As toneladas que chegaban de Nositán non poden seguir entrando. Estamos no momento no que os veciños din que seguen entrando camións e aí está a actuar a Policía Autonómica, a Garda Civil e están a ir inspectores de Medio Ambiente. Tomaranse as determinacións segundo a lei: as sancións e, de seguir a empresa sen respectar, tocaralle o peche definitivo", advertiu.

Neste sentido, puntualizou que as sancións poden variar entre os 100.000 euros e os 2 millóns de euros.

En Galicia, admitiu, seguen existindo numerosos vertedoiros "incontrolados" e instou aos cidadáns a denunciar os casos que coñezan, do mesmo xeito que se fai cos actos vandálicos.

MEDIDAS CONTRA Os PLÁSTICOS

Precisamente, Galicia adiantarase o próximo ano ás "directrices da Unión Europea" ao esixir que non se comercialicen vaixelas dun só uso, nunha decisión coa que a administración toma medidas para evitar que se siga "plastificando o mundo".

"Galicia ten que ser parte da solución", incidiu Anxos Vázquez, que puxo en valor que "aínda que haxa algunha crítica, cando nos sentamos nunha mesa todos estamos de acordo en que hai que tomar medidas".
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

anonimo9204

Ence contaminará mucho o poco, pero esa no es la cuestión. El problema es otro. Hay en Galicia una clase menestral que se ha propuesto eliminar al eucalipto. Se trata, por lo general, de urbanitas que ven el medio rural como un parque temático verde en el que proyectar sus fantasías ecologistas. Dado que no han conseguido una mayoría que les permita eliminar el eucalipto, intentan que Ence eche el cierre. Desaparecida Ence, la madera de eucalipto producida en Galicia se queda sin comprador y, por tanto, a la larga el eucalipto desaparecería. A estoa gente, que suele de ir por la vida portando banderas de izquierdas, los trabajadores de Ence les importa un pimiento; lo mismo que los puestos de trabajos indirectos y las rentas generadas por esta industria. Curiosamente, la refinería de petróleo que hay en La Coruña no contamina; tampoco lo hace la fábrica de Alcoa en Cervo; ni tampoco los coches, muchos de ellos diésel, de estos urbanitas.

2 respostas
1

Por Wally: Moi ben o teu discurso ultraneoliberal nacionalista español (por certo, dise A Coruña). Ti es de eses que non pisades un monte máis que pra inzalo de eucaliptos, vendelo, queimalo ou destruir o seu patrimonio natural, histórico e arqueolóxico (ou todo esto xunto). Farías de Galiza unha megamina, un megaencoro, unha megafábrica de emigrantes ou caladiños. Imos botar a Ence da nosa nación e rematar cos monocultivo de eucaliptos e ca minería agresiva, cos encoros que regalan a enerxía ao estado e con todo o que fai diste país unha colonia española. Nós, o BNG.

2

Por José: Non é Ence, son as celulosas e o uso que fan do territorio, que conciben como un enorme predio onde expandir os seus eucaliptos sen limites, todo para abaratar custes e competir no cada vez máis difícil mercado internacional. O seu argumento baseado na acusación ao ecoloxismo urbanita carece de rigor cando un goberno como o portugués lle pon limite a esa expansión. Alí a fantasía son os nomes das persoas mortas nos lumes.


ENCE, na ría de Pontevedra / juantiagues en Flickr.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.