O PP defende a súas raíces católicas e critica a "nula promoción" da Semana Santa de Pontevedra

Rafa Domínguez, candidato do PP á acaldía de Pontevedra, acusa ao BNG de Lores de non promocionar a Semana Santa da cidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2019

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, criticou ao goberno local pola "nula promoción" da Semana Santa que se celebra na cidade do Lérez. Rafa Domínguez percorreu este luns un tramo do Camiño Portugués a Santiago xunto ao conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, a candidata do PP ao Senado, Pilar Rojo, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da asociación Amigos do Camiño Portugués, Tino Lores.

"Temos unha Semana Santa marabillosa pero boto en falta promoción por parte do BNG de Lores", reprocha o candidato popular ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Para os populares, a Semana Santa de Pontevedra está entre as máis importantes de Galicia, polo que se deberían "establecer sinerxías para que poida ter o mesmo nivel de coñecemento que outras" como Ferrol ou Viveiro.

Domínguez lamenta que os nacionalistas se "esquezan" de promocionar este evento relixioso, "porque iso implicaría máis turismo e, por tanto, máis emprego para a cidade".Rafa Domínguez aposta pola potenciación turística da Semana Santa de Pontevedra como un factor máis para a xeración de emprego, desestacionalizando as visitas á Boa Vila "para que os hoteleiros e hostaleiros teñan traballo durante todo o ano e non só no verán".

Domínguez avoga tamén por aproveitar as oportunidades que ofrece o Camiño Portugués. Para iso, pide a implicación de todas as institucións para que Pontevedra sexa o seu "capital" e a referencia, xa que "o Camiño de Santiago é un produto cultural e espiritual, pero tamén ten unha transcendencia económica importante", asegurou.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
3

Votade BNG

Que terá que ver o catolicismo con este es túpido costume importado polo franquismo desde Andalucía. PD: Porque censurades un adxetivo que está presente no noso himmo Nacional?


2

antón de guizán

Non é como en Ferrol que xa a promociona Izquierda Unida


1

Toño

Non sei onde están as raíces católicas do PP. Hay un mandamento da Lei de Dios que prohibe roubar. E o PP está cheo a rebosar de ladróns, como se pode comprobar na cantidade e variedade de causas pendentes coa xustiza.


Rafa Domínguez, candidato do PP en Pontevedra, e Pepa Pardo, o seu número dous. PP DE PONTEVEDRA

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.