Atopada a moza do Carballiño desaparecida "de forma voluntaria"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2019

A moza de 29 anos Cristina Moleiro San Emeterio, do Carballiño (Ourense), chamou á Garda Civil para informar da súa marcha de forma voluntaria, despois de que se pediu colaboración cidadá para a súa localización.

Segundo informa a Garda Civil, a moza compareceu ante unha patrulla da Policía Nacional en Ourense, de forma que se anula a requisitoria para a súa procura.

"Non é a primeira vez que se ausenta do domicilio familiar, senón que é reincidente", aseguraron a Europa Press fontes da Garda Civil. A moza faltaba do seu domicilio desde o pasado martes, 16 de abril.

A Garda Civil pedira a colaboración cidadá para a súa localización e activouse o protocolo de desaparición que leva a cabo nestes casos e solicitou a colaboración cidadá.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A Garda Civil pide colaboración para localizar a unha moza do Carballiño desaparecida "de forma voluntaria". GARDA CIVIL / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.