O nomeamento de Carvalho Calero para o Día das Letras Galegas 2020 segue xerando polémica

A Comisión Ferrolterra Carvalho Calero valora a designación, pero critica que chega tarde. Tamén a Mesa destaca o probable nomeamento este sábado do profesor ferrolán.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 21/06/2019

A Comisión Ferrolterra Carvalho Calero denuncia o “ostracismo” da figura do do crítico Ricardo Carvalho Calero durante os últimos anos, especialmente, ante a negativa da Real Academia Galega (RAG) para darlle un Día das Letras Galegas.  “Desde 1980, ano de xubilación de Ricardo Carvalho Calero, houbo xente interesada en situar a súa figura nun exilio interior ou ostracismo, situación que se agravaría a raíz do seu falecemento en 1990”, apunta.
 
Nun comunicado remitido á redacción de Galicia Confidencial, esta entidade destaca que nesa decisión influíu decisivamente o feito de que Carvalho Calero “defenda que o noso idioma forma parte do sistema lingüístico galego-portugués, opción diferente, xa que logo, da oficial”.
 
A Comisión Ferrolterra Carvalho Calero leva anos organizando actividades diversas encamiñadas a reivindicar a figura deste profesor. De feito, lembra que nos anos 2010, 2011, 2013, 2014, 2015, 2016, 2018 realizaron en Ferrolterra comisións encamiñadas a promover a concesión das Letras Galegas a Carvalho Calero. “Recolléronse sinaturas, organizáronse recitais, conferencias, exposicións..., para que lle fóra dedicado o Día da nosa lingua e cultura a don Ricardo, esgrévio galeguista que ao longo de máis de sete décadas desenvolvera un inmenso labor poético, narrativo, ensaístico, xornalístico, académico, lingüístico, docente, político a prol da Galiza, da nosa lingua e da nosa cultura”, engade.
 
Por iso, e a pesar das críticas, a súa designación este sábado pola RAG é ben valorada. “Avaliamos como moi positiva esta decisión e facemos votos para que a sociedade ferrolá e a Galiza enteira tiren o máximo proveito desta circunstancia”, indica. E anuncia que, como contributo, publicarán “Hei de entrar no meu povo. Reivindicarmos Carvalho Calero”, libro que, da man da editorial Embora, verá a luz en breve.
 
A MESA
 
Por outra banda, a Mesa pola Normalización Lingüística tamén reivindica a figura de Carvalho calero e lembra que, este sábado, “despois de anos de intentos infrutuosos por parte de diversos colectivos e entidades sociais de defensa da lingua e da cultura galegas”, a única candidatura presentada é a do  primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega. Carvalho Calero pechou hai 2 anos pechou en Compostela os encontros que desembocaron na constitución da Mesa pola Normalización Lingüísitica.
 
POLÉMICA
 
Tal e como xa adiantou Galicia Confidencial, a designación de Carballo Calero para o Día das Letras Galegas 2020 non está exenta de polémica. A súa candidatura foi presentada por un grupo de académicos afín a actual executiva da RAG en maio. Outro grupo crítico --afín a Ferrin-- tamén presentou días despois a mesma candidatura denunciando aos outros académicos por ter vetado durante anos ao crítico ferrolán. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

9 comentarios
4

Realista

Ninguén vai face-lo portugués oficial en Galicia, eso depende de España, e non se van pegar un tiro no pé.

1 resposta
1

Por Pertom: O galego e o português som variantes dumha mesma língua. Umha norma reintegracionista coas especificidades galegas é perfeitamente viável no atual statu quo, pois nom incumpre ningum ponto do marco legal. Entre os idiomas oficiais está o galego, pero nom se di segundo que normativa, por suposto. De feito, a oficialidade do galego é anterior à aprobaçom do Decreto Filgueira...


3

uu1

Polemica nenhuma. Precisamos a oficialidade da bi normativa. A favor do reintegracionismo falaram entre outros, Murguía, Risco, Castelao, Vilar Ponte, Paz-Andrade, Guerra da Cal ou Carvalho Calero, ademais de coletivos e instituições defensoras da língua como as Irmandades da Fala, o Grupo Nós, o Seminário de Estudos Galegos ou o Partido Galeguista, por não nomear aos ilustrados Feijóo e Sarmiento. O isolacionismo foi introduzido a começos dos 80 oficializando uma normativa de urgência (um atalho) para que o galego se poderá escrever por pessoas que tinham formação exclusivamente em castelhano. Isso era necessário só como transição até que o galego fosse ensinado nas escolas recuperando a variedade histórica-etimológica do galego medieval. Mais uma, hoje precisamos a bi normativa para aproveitar todos os recursos das outras variedades da nossa língua, em especial, a variedade brasileira que representa mais do 75% dos falantes da nossa língua.


2

Gochu

En Portugal non queren saber nada de Galiza, fálaslles en galego e contestan en portuñol. Non gosto da normativa "asturiana" (García, lembran ó Constantino?) da RAG pero non vou mudar á norma portuguesa porque son nacionalista galego e quero unha norma galega, nen madrileña nen lisboeta, galega. A ver se os da AGAL se deciden por unha das tres dunha vez...

3 respostas
1

Por Caselas: En Vigo, en Tui, en Arbo..., falas en galego e cada vez as respostas son máis en galeñol ou castrapo, logo non te lamentes pola colonización dos portugueses (mesmo os emigrantes retornan falando francés, os preconceitos son moitos e variados, non exclusivos dun lado), nin dos brasileiros que moran na Galiza. Hai un problema serio de educación, cultura, valores..., comezando polo que sofrimos os galegos! Certo, a norma galega actual é a do castelán (o inimigo dentro, sermos dominados e subsidiarios do amo español). Semella castelán, a fonética do galego difundido é a do castelán de Castela (na TVG ou a RG son patétas). Sabemos que a fronteira do galego co portugués é, sobre todo, mental (racial e noxenta, moitas veces) e política (como a do valenciano e catalán, artificial e interesada)

2

Por Caselas: No rural do Norte de Portugal falan igual, a escola centralista lisboeta tamén separou e fixo estragos na educación. Imos darlle a razón aos lisboetas e madrileños que trazaron a fronteira artificial? Polo empuxe dos emerxentes, de Brasil, de xeito especial, aliados co lado do portugués ou galego-portugués, seremos máis fortes. É unha opción a destacar. O nacionalismo de fronteiras no noso tempo e co abafante e fachendoso nacionalismo español en auxe, é un suicidio para o galego e para a humanidade plural. O paso, aquí e agora, é abrir á libre escolla de normativa (a práctica, o tempo e a economía superarán a fronteira mental).

3

Por uu1: Certo, em Portugal não querem saber nada do galego! Isto é na Lusitânia (2/3 do Portugal atual), o norte de Portugal é galaico (Gallaecia, o nome de Portugal vem de Porto Cale, porto dos galaicos). Mas a língua galego-portuguesa não se limita a Lusitânia, fala-se na Gallaecia (no norte de Portugal e ainda na Galiza), no Brasil (75% de falantes da nossa língua), Angola, Moçambique, ..., na Argentina não querem saber nada da Espanha ou México,...BI NORMATIVA e aproveitemos dos contidos produzidos no Brasil. Em palavras de Castelao “Logo arribamos ás costas do Brasil, onde os seus habitantes falan un idioma nascido e criado en Galiza, anque todos se empeñen en chamarlle portugués”


1

Ttttt

Carvalho Calero non inventou nada, só seguía as ideas do nacionalismo portugués da época, a quen terían que darlle o premio, sería a Rodrigues Lapa e compañía.

1 resposta
1

Por Pertom: Ao nacionalismo português interesa-lhe mais invissibilizar qualquer vínculo com Galiza, naçom da Espanha onde naceu a sua língua, para vender-se no mundo coma os pais da língua portuguesa. Deixe de dizer parv*adas


Ricardo Carvalho Calero / Artabra Dixital

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.