Formación, innovación e información: pilares dun futuro sostible "social"?

No complexo panorama socioeconómico e financeiro actual, a supervivencia dos axentes económicos é unha meta diaria, nun entorno no que o propio sistema económico destaca por non ser sostible e por non considerar a verdadeira importancia do consumidor como axente económico. Polo tanto, dificulta todavía máis esa supervivencia.

Por Rosa Regueiro | Compostela | 07/09/2015

Búscanse entón variables per se garantes dunha situación de permanencia, e, entre outras, atópanse a formación, a innovación e a información: 
 
-a formación aparece como a bandeira necesaria para mellorar; 
 
-a innovación como chave para diferenciarse e competir, e 
 
-a información como elemento de difusión, de reflexo dunha realidade e, cando non, de adoctrinamento. 
 
Pero para que este postulado simple e evidente contribua a lograr un futuro sostible para as xeneracións vindeiras, compre recoñecer as capacidades e debilidades reales de cada axente.
 
A sociedade globalizada actúal sufre unha dinámica de cambio constante, con novos axentes consumidores, produtores, novos productos e servizos que precisan novas e/ou mais materias primas e factores produtivos, e todo nun modelo económico insostible, caduco e no que as normas están marcadas polo reducido número de propietarios dos recursos. Entón, a necesidade da excelencia na formación, na innovación e na información preséntase como unha demanda urxente da cidadanía e das empresas, pola súa vinculación coa liberdade e coa capacidade de crecemento, e debería selo tamén dos países que desexen obter economías saneadas e fortes, en vez de estar xogando a apostas xeopolíticas desnaturalizadas.
 
Das moitas leccións que se deberon aprender da crisis sistémica recente, está a importancia da potenciación da formación, do coñecemento, do acceso á información, como eixos que sustentan a productividade, en base á creación de valor en sentido amplo, unha productividade “social”? Se consideramos os postulados da The Internet Time Alliance, unha das asociacións de maior impacto a nivel mundial en térmos de aplicación das novas tecnoloxías á formación, fálase de “formación Smarter”, de formación “mais intelixente” como unha formación social e colaborativa, basada nunha mentalidade económica do coñecemento, entendendo que traballar é un proceso de aprendizaxe e que aprender é tamén traballar. E tamén falan do “Workscaping”, como a importancia de crear ecosistemas de traballo, entornos especializados para compartir coñecemento, intercambiando intereses, dudas, facilitando a aprendizaxe continuada e a súa autoxestión, en base aos límites totais do entorno social, e difundindo os logros acadados. 
 
Si se transmite o coñecemento a través dos canles demandados pola sociedade e para a sociedade, reales e/ou virtuais, créase potencialidade de cambio sostible y de xeneración de valor engadido global e integral, unha das mellores cartas de presentación para abordar o futuro.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.