O reto de emprender: un proceso difícil

É moi gratificante encontrarse con persoas decididas, valentes, visionarias, creativas e innovadoras, que ten unha idea brillante, que descobren o nicho de mercado e que desenvolven un plan de negocio consistente, realista, crible e fiable, co que están totalmente implicados, e pon nel todas as súas enerxías e o seu capital para sacalo adiante.

Por Manuel Rivero Pérez | A Coruña | 29/09/2015

Cando un se encontra cun emprendedor deste perfil,  e lle comenta o seu proxecto, contaxiase do seu entusiasmo, e sinte a curiosidade por coñecer a fondo a súa idea, asociada o seu plan de negocio
 
¿Cómo describir o escenario, no que están o mesmo tempo dez emprendedores e emprendedoras, finalistas, de cen presentados,  dun gran nivel, expondo os seus proxectos? 
 
A verdade é que nace un espazo máxico, no que se vibra de emoción, onde se crean sinerxías positivas e se respira talento de forma intensa e agradable.
 
Este situación viviuse o día 23 de setembro,  na sede da Cámara de Comercio da Coruña, na oitava edición dos Premios MOCE da Fundación Ronsel. Estes recoñecementos están dirixidos a fomentar a cultura emprendedora, coa finalidade de acompañalos e o mesmo tempo apoialos na posta en marcha dos seus proxectos empresariais. No que o BBVA, a Xunta de Galicia, como copatrocinadores,  e a Fundación Ronsel fixeron entrega dos VIII Premios MOCE (Módulo Ocupacional de Creación de Empresas)
 
Estes premios valoran a innovación, a xestión empresarial, o respeto o medio ambiente, a creación de emprego, a internalización,  a promoción da economía colaborativa e a inserción sociolaboral. 
 
Foi gratificante escoitar do Directivo de BBVA, José Luis Serrano, como BBVA, retornaba a sociedade parte do que ela lle daba previamente, en proxectos de axuda como o de “yosoyempleo”, apoiando outros a nivel local, como este da Fundación Ronsel, dando formación, asesoramento, visibilidade e financiamento. 
 
E da Conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, o apoio que a Xunta da estes procesos de emprendemento, ese largo camiño que levan recorrido coa Fundación Ronsel, e o esforzo que a súa consellería fai, para manter vivo este compromiso coa sociedade, Destacou que a fortaleza da cultura emprendedora é unha palanca para axudarnos a saír da crise.  
 
Ou o do Presidente da Fundación Ronsel, Luís García, o falar da valentía de tomar a decisión de emprender, dese camiño duro que hai que recorrer, da dificultade de conseguir aliados, de aí a importancia de estar presentes cos procesos de formación, acompañamento, asesoramento ou financiamento.  Remarcou que é un proceso de aprendizaxe,  difícil, pero moi  gratificante.
 
Todos merecían o premio, estar na final, xa é un gran recoñecemento, sei que os xuíces o tiveron difícil, por a alta calidade dos proxectos participantes, os gañadores foron:
 
Primeiro premio: Bello Martinez Consultoría Editorial.
 
Segundo Premio: Hume Ingeniería
 
Terceiro Premio:Fisiotrainer Center. 
 
 
O lema da Fundación Ronsel é o de “emprender con persoas”, labor que de forma tan brillante e desinteresada ven realizando dende hai 15 anos. 
 
Grazas a esa labor de formación, asesoramento, acompañamento, orientación e de axuda en todos os ámbitos, dende a busca  de recursos financeiros,  ate a elaboración dun plan de negocio que sexa viable. E da canalización das sinerxías do público e do privado, está dando os seus froitos.
 
O resultado deste traballo ben feito, por parte da Fundación Ronsel, cóntanse por  ducias os emprendedores que fixeron realidade o seu sono, materializaron esa idea, e hoxe é o seu medio de vida e o da súa familia. 
 
Un País que emprende, que coida os seus emprendedores e crea os escenarios nos que estes poidan levar a cabo os seus proxectos, é un País con futuro.
 
Os emprendedores son auténticos dinamizadores da economía e da sociedade en xeral, eles teñen esa gran habilidade de descubrir recursos ocultos, de potenciar os presentes, de criar oportunidades, de enlazalos uns con outros, de forma fluída, económica e eficiente.
 
Coidar os emprendedores é coidar e potenciar o talento, esta dinámica crea o círculo virtuoso do crecemento, do equilibrio, do coidado do medio e da satisfacción por o traballo ben feito, en tempo e en forma, que o final redunda en beneficio da sociedade no seu conxunto.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.