Suma e segue sumando

En anteriores ocasións, e neste mesmo foro, estas liñas trataron de facerse eco de diferentes “desviacións” ou “situación particulares” que podían apreciarse no sistema enerxético en xeneral, e en España en particular, e que en definita poñían de manifesto,novamente, como quen ten a información ten o poder, e como a opacidade informativa está moitas veces detrás da opacidade evolutiva.

Por Rosa Regueiro | Compostela | 15/11/2015

Pensando de forma ilusa, que xa non podería haber máis,porque o que existía abondaba sobremaneira, sempre aparece de forma súbita unha nota que a de romper tal percepción. Por iso, a modo de “chamada de atención” e de “invitación á reflexión” preténdese reflexar nestas palabras dúas situacións reais que pasaron en Galicia nestes días de atrás e que pon de manifesto, como o “totum revolutum eléctrico” mais que apagarse, aparece cada día máis encedido e incendiario:
 
-un consumidor foi absolto por sentenza xudicial dunha denuncia por impago da factura eléctrica, cando a propia empresa distribuidora e comercializadora estaba a facturarlle con erros sucesivos nas lecturas de consumo, aplicáballe unha sobretarifa e ademáis, realizara un cambio de contador, por outro localizado a máis de 100 km da casa do consumidor (chegando a propia empresa eléctrica a acusalo de ter sustituido el o seu propio contador por outro). 
 
Se resulta pouco lóxico pensar que calquera de nós recorrerá 100 km para cambiar un contador, tampouco debería ser coherente e fácil de admitir que a través dun contador se facturase de sobremaneira…..salvo que sexa xa unha práctica culturamente aceptada????
 
-un consumidor recibe a factura eléctrica por todo un mes de consumo e unha segunda factura polo consumido un día só dese mesmo mes, día que por certo, tendo en conta o importe sinalado, debeu dar servizo a toda a vecendide. E este consumidor dispón de “contador intelixente”. A efectos de qué dúas facturas, unha correspondente a un día aleatorio, irrelevante, no medio do mes?.
 
Certo é que a inseguridade xurídica está a lesionar o avance enerxético en España, para unha parte dos axentes que operan nel, ao fomentar unha actuación sesgada, que ao final, deriva nunha perda xeral de eficiencia para todos os participantes. Pero esa inseguridade xurídica é todavía maís grave e gravosa sobre quenes teñen menos capacidade de reacción e de acceso á información: o consumidor. E compre non esquecer que é o consumidor quen mantén o sistema vivo, en tanto demanda e consume enerxía. Pois por esa mesma razón, o consumidor merece un respeto, estar fora dese abano de abusos reiterados, que lesionan a prosperidade xeral dunha rexión e que poñen en perigo a disposición de recursos para xeracións futuras. Porque creer na eficiencia implica aplicala dunha maneira integral e lóxica.  

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.