Unha aproximación ao déficit de tarifa eléctrico

Intentar comprender a complexidade do sistema enerxético en España e do mercado eléctrico en particular, parte de reflexionar sobre o aumento continuado dos prezos da electricidade, a excesiva complexidade do sistema eléctrico, o monopolio empresarial de tal sistema e o cambio de timón na “política enerxética” realizada nos últimos anos, en aras de considerar ás enerxías renovables como responsables do desequilibrio estrutural do propio sistema.

Por Rosa Regueiro | Compostela | 20/11/2015

Son solo algúns dos argumentos que respaldan a necesidade imperiosa de cambio de modelo enerxético, que contemple a democratización da enerxía frente ao monopolio abusivo dun dos axentes de todo do o modelo, e que esixa tamén, coñecer a dimensión real dese desequilibrio no sistema de custes eléctricos, ese déficit de tarifa.
 
Nestas liñas, a modo de ilustración introductoria, vaise comezar por expoñer o que considera a propia normativa ao respecto:
 
a.-) A Ley 24/2013, de 26 de diciembre, del Sector Eléctrico, confire a empresas xeneradoras, distribuidoras e comercializadoras a potestade de organizar o sistema eléctrico en España, ao ser nexo de dúas partes claramente diferenciadas:
 
-mercado Pool ou mercado de produción de enerxía eléctrica, no que os axentes participantes negocian contratacións de produción de enerxía, en base á oferta e á demanda. Participan os tres grandes grupos de producción eléctrica en España (Gas Natural-Unión Fenosa, Iberdrola e Endesa), xunto co Operador de Mercado (OMIE-OMEL), REE e outros axentes con presencia moito mais pequeña.
 
-sistema de contratación por parte dos consumidores do suministro de enerxía eléctrica, de forma que as tres empresas principais  (Gas Natural-Unión Fenosa, Iberdrola e Endesa) proporcionan á rede eléctrica a enerxía (comprada no mercado Pool) que en cada momento será necesaria para a demanda eléctrica final. Forma parte tamén REE e outros axentes residuais.
 
Compre destacar a labor de dous axentes controladores con exclusividade na súa xestión, para garantir a legalidade de funcionamento do mercado de produción de enerxía eléctrica  (Operador del Mercado, OMIE-OMEL) e o control e subsanación de restriccións do sistema de redes de distribución e transporte (Operador del Sistema-REE). 
 
Tampouco debe esquecerse que a Ley 24/2013, de 26 de diciembre, del Sector Eléctrico incide na importancia de que estas empresas debían estar xestionadas de forma independiente, diferenciando entre:
 
- actividades reguladas (distribución, transporte e suministros de electricidade regulados): vinculadas a obxetivos sociais non ligados directamente á obtención de beneficios empresariais, como pode ser a disminución da pobreza enerxética ou a garantía de suministro de enerxía eléctrica a todos os puntos do país sin tener en conta a dispersión geográfica, e de garantizar unha concurrencia competitiva no mercado
 
- actividades liberalizadas (xeneración e comercialización): sometidas ao funcionamento puro de mercado.
 
Segundo a lei, non se pode simultanear unha actividade liberalizada e unha actividade regulada, por exemplo, unha mesma empresa non podería xerar electricidade e distribuila. En resumo, implicaría  ilexitimidade ó feito de que unha única empresa exercitara máis dunha actividade de xeneración, distribución e/ou comercialización simultanamente. Pero a realidade está en que esta esixencia só recae sobre unha empresa, non sobre un grupo empresarial, de forma que sigue a ser real a concentración de actividades e  o carácter monopolístico e de control no sistema eléctrico.
 
b.-) Esta estrutura favorece en si mesma a aparición e consolidación do déficit de tarifa. Enténdese por déficit de tarifa o desaxuste de ingresos das actividades reguladas cos costes imputados por lei ás actividades do sistema eléctrico en España. Este desaxuste acumulativo no tempo, orixínase porque os ingresos ligados ás peaxes de acceso (ingresos considerados por lei que deben pagar os usuarios da rede de transporte e distribución) non son suficientes para cubrir os costes considerados tamén por lei, e que poden estar directamente ligados ás actividades reguladas.
 
Entón, a lexislación vixente recoñece un ingreso por parte das empresas que leven a cabo actividades reguladas, ingreso vinculado á actividade de distribución, considerando a priori que a realización destas actividades conleva asumir maiores costes para a empresa, e deberían terse en conta como posible causa do déficit de tarifa. E este coste de distribución trasládase á factura eléctrica do consumidor final, en base ao contrato asinado, e as eléctricas cobran dito concepto, que……. está sendo remunerado dúas veces?????. 
 
Intentar comprender a complexidade do  sistema enerxético en España e do mercado eléctrico en particular, parte de reflexionar sobre o aumento continuado dos prezos da electricidade, a excesiva complexidade do sistema eléctrico, o monopolio empresarial de tal sistema e o cambio de timón na “política enerxética” realizada nos últimos anos, en aras de considerar ás enerxías renovables como responsables do desequilibrio estrutural do propio sistema. Son solo algúns dos argumentos que respaldan a necesidade imperiosa de cambio de modelo enerxético, que contemple a democratización da enerxía frente ao monopolio abusivo dun dos axentes de todo do o modelo, e que esixa tamén, coñecer a dimensión real dese desequilibrio no sistema de custes eléctricos, ese déficit de tarifa.
 
Nestas liñas, a modo de ilustración introductoria, vaise comezar por expoñer o que considera a propia normativa ao respecto:
 
a.-) A Ley 24/2013, de 26 de diciembre, del Sector Eléctrico, confire a empresas xeneradoras, distribuidoras e comercializadoras a potestade de organizar o sistema eléctrico en España, ao ser nexo de dúas partes claramente diferenciadas:
 
-mercado Pool ou mercado de produción de enerxía eléctrica, no que os axentes participantes negocian contratacións de produción de enerxía, en base á oferta e á demanda. Participan os tres grandes grupos de producción eléctrica en España (Gas Natural-Unión Fenosa, Iberdrola e Endesa), xunto co Operador de Mercado (OMIE-OMEL), REE e outros axentes con presencia moito mais pequeña.
 
-sistema de contratación por parte dos consumidores do suministro de enerxía eléctrica, de forma que as tres empresas principais  (Gas Natural-Unión Fenosa, Iberdrola e Endesa) proporcionan á rede eléctrica a enerxía (comprada no mercado Pool) que en cada momento será necesaria para a demanda eléctrica final. Forma parte tamén REE e outros axentes residuais.
 
Compre destacar a labor de dous axentes controladores con exclusividade na súa xestión, para garantir a legalidade de funcionamento do mercado de produción de enerxía eléctrica  (Operador del Mercado, OMIE-OMEL) e o control e subsanación de restriccións do sistema de redes de distribución e transporte (Operador del Sistema-REE). 
 
Tampouco debe esquecerse que a Ley 24/2013, de 26 de diciembre, del Sector Eléctrico incide na importancia de que estas empresas debían estar xestionadas de forma independiente, diferenciando entre:
 
- actividades reguladas (distribución, transporte e suministros de electricidade regulados): vinculadas a obxetivos sociais non ligados directamente á obtención de beneficios empresariais, como pode ser a disminución da pobreza enerxética ou a garantía de suministro de enerxía eléctrica a todos os puntos do país sin tener en conta a dispersión geográfica, e de garantizar unha concurrencia competitiva no mercado
 
- actividades liberalizadas (xeneración e comercialización): sometidas ao funcionamento puro de mercado.
 
Segundo a lei, non se pode simultanear unha actividade liberalizada e unha actividade regulada, por exemplo, unha mesma empresa non podería xerar electricidade e distribuila. En resumo, implicaría  ilexitimidade ó feito de que unha única empresa exercitara máis dunha actividade de xeneración, distribución e/ou comercialización simultanamente. Pero a realidade está en que esta esixencia só recae sobre unha empresa, non sobre un grupo empresarial, de forma que sigue a ser real a concentración de actividades e  o carácter monopolístico e de control no sistema eléctrico.
 
b.-) Esta estrutura favorece en si mesma a aparición e consolidación do déficit de tarifa. Enténdese por déficit de tarifa o desaxuste de ingresos das actividades reguladas cos costes imputados por lei ás actividades do sistema eléctrico en España. Este desaxuste acumulativo no tempo, orixínase porque os ingresos ligados ás peaxes de acceso (ingresos considerados por lei que deben pagar os usuarios da rede de transporte e distribución) non son suficientes para cubrir os costes considerados tamén por lei, e que poden estar directamente ligados ás actividades reguladas.
 
Entón, a lexislación vixente recoñece un ingreso por parte das empresas que leven a cabo actividades reguladas, ingreso vinculado á actividade de distribución, considerando a priori que a realización destas actividades conleva asumir maiores costes para a empresa, e deberían terse en conta como posible causa do déficit de tarifa. E este coste de distribución trasládase á factura eléctrica do consumidor final, en base ao contrato asinado, e as eléctricas cobran dito concepto, que……. está sendo remunerado dúas veces?????. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511

Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.