Semente de emprendedores

A sabedoría acumulada dos nosos agricultores, non é froito da casualidade, débese a anos e anos de experiencia, de observación, de paciencia é de encontrar a relación causa – efecto dos diferentes fenómenos biolóxicos, atmosféricos, nutricionais, ou temporais.

Por Manuel Rivero Pérez | A Coruña | 06/12/2015

A clave está en descubrir o dato ou fito importante, e ese dato transformalo en información fiable, esa información xa nos conduce o coñecemento, e ese coñecemento, unha vez moldeado, asimilado e posto en práctica, é o que nos sitúa no escenario da sabedoría.
 
Eles saben que para ter unha boa colleita, hai que preparar o terreo, labralo, airealo, abonalo, regalo e mimalo, cos seus tempos e os seus modos. Tendo sempre presente a meta clara e definida no marco temporal, neste caso é o  que produto van a plantar. 
 
A hora de sementar, o escenario está preparado para apostar por unha excelente colleita, dando por suposte,  que nese largo recorrido, teñan que loitar contra as externalidades negativas, que ben de forma directa,  ou indirecta sempre van a estar aí presentes, facendo que teñan que aportar enerxías, estratexias  e recursos engadidos.
 
Algo semellante o que tan sabiamente facían os nosos avós, é o que está a facer a “Fundación Escuela Universitaria de Relaciones Laborales da Universidade da Coruña, o implantar no ano 2014-2015 a asignatura de “emprendimiento” no cuarto curso de grado, como materia de prácticas externas. 
 
A formación neste cuarto curso, trata de materializar unha idea creativa e innovadora, que teña o seu nicho de marcado, cun plan de empresa viable,  en base a estes tres obxetivos: 
 
1.  Contar coa  posibilidade de emprender nun futuro próximo, axudándolle e asesorando nesta dirección. Trátase de  ter en conta esta oportunidade laboral. 
2.  Coñecer as múltiples alternativas nas que se pode emprender. Aprender a descubrir os recursos ocultos, os escasamente valorados, os patróns de éxito, a modelar e a establecer metas retadoras.
3. Elaborar un Business Plan consistente, realista  e crible. O plan de negocio é unha das claves para poder acceder a financiación, tan necesaria nese primeiros momentos do inicio do negocio. Este coñecemento económico e financiero compleméntase ca base xurídica da formación deste tipo de estudos.
 
Para recoller esa excelente colleita en cuarto curso, unha estratexia que ben pode axudar, é a de desandar o tempo, e comezar  a preparar o escenario dende o inicio da formación universitaria, como tan ben fan os nosos veciños portugueses da Escola de Empresariales de Valença do Minho do Insituto Tecnológico de Viana do Castelo, que desde o primeiro ano de carreira, ten que facer un plan de empresa, no que toda a formación transversal vai encamiñada nesa dirección. 
 
O pasado ano a escola de Relacións Laborais da Coruña, organizou o “II Encuentro Internacional de Jóvenes Emprendedores”, xunto coas universidades de Santiago e de Viana do Castelo, no que os alumnos de Relacións Laborais da Coruña lograron  o primeiro premio.
 
Actualmente a escola ten 41 alumnos desenvolvendo ideas emprendedoras, nas que  predominan os proxectos tecnolóxicos. Espéralles en  Portugal o III Encuentro Internacional de Jóvenes Emprendedores, onde esperan repetir os éxitos do encontro do ano pasado. Os proxectos que se presentan son moi interesantes, pero a competencia é moi alta, aí é onde reside o mérito de emprender. 
 
Vémonos en Viana do Castelo o próximo ano, dentro desa atmosfera máxica e sorprendente coa que nos agasalla o mundo do emprendemento.  

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.