Grupo parlamentario galego moeda de cambio?

Cómpre saber se o grupo de En Marea no Congreso é compatible cos plans de Podemos e IU e as razóns para non blindalo mediante a presentación dun partido instrumental

Por Horacio Vixande | Vigo | 11/05/2016

Parece que a creación dun grupo parlamentario galego no Congreso da mans das deputadas e deputados de En Marea na vindeira lexislatura, vai camiño de se converter nunha polémica.

De momento, escoitamos voces diversas. Unha delas é a do portavoz municipal da Marea de Vigo nese concello, Rubén Pérez, afirmou que “se alguén se presenta a unha eleccións para ter grupo propio é un cretino”. Que se saiba, todas as opcións políticas perseguen o feito de se constituíren en grupo cando concorren a unhas eleccións, agás nas democracias orgánicas. Porén, tampouco representa unha novidade que se recorra aos insultos para descualificar posturas que non coinciden coa propia. Inhabitual tamén non é que se expresen as razóns para tomar unha decisión no canto doutra, aínda que destas xa nos tarda que aparezan.

Máis comedida que Pérez, resultou a deputada por En Marea Yolanda Díaz, que se declarou a prol de repetir fórmula o 26 de xuño, sen blindar a constitución do grupo galego no Congreso mediante unha fórmula como a da presentación dun partido instrumental que non permita interpretacións por parte da Mesa do Congreso. Díaz manifesta a súa convicción de que nestas eleccións en Marea vai “desempatar con moita forza”, o que permitirá modificar a configuración da Mesa do Congreso e lograr o grupo propio. Mais hai dúas cuestións que desmenten a Yolanda Díaz; unha é aquel adaxio de Einstein, que lembra que non se poden facer as cousas igual dúas veces e agardar resultados distintos; a outra son as enquisas preelectorais, que anticipan unha composición do Congreso parecida á actual. En principio, con esas premisas, supoñer que En Marea vai conseguir grupo parlamentario é pensamento máxico.

Mais estaría ben que quen están a favor de que En Marea repita a mesma fórmula electoral que o 20 de decembro aclarasen as súas intencións. Tamén sería interesante saber se a creación dun grupo parlamentario galego no Congreso é unha cuestión menor –como parece que se intúe das palabras de Pérez– ou representa un obxectivo importante –como adianta Díaz.

Se é unha cuestión menor, que expliquen ao electorado cal é o obxectivo principal e, máis importante aínda, por que ese obxectivo principal é incompatible coa formación dun grupo parlamentario galego no Congreso.

Se que En Marea teña un grupo no Congreso é importante, por que deixalo en mans doutras forzas políticas ou de procesos negociadores? Non é mellor que En Marea se presente como un partido político con dereito a grupo parlamentario sen discusión ningunha e así negociar outros puntos programáticos? A menos que o obxectivo sexa que o grupo galego sexa precisamente un deses puntos a negociar. Podemos preguntarnos a cambio de que cederán a constitución do grupo galego no Congreso, mais a experiencia indícanos que Galiza sempre foi moeda de cambio: o naval, a pesca, o leite...

En fin, as identidades políticas sempre o son por razóns de índole material –aínda que despois aparezan arroupadas por aparellos sentimentais, étnicos, culturais, etc– e teremos a oportunidade de ver se as dúas identidades que se confrontan –a española é a outra– optan pola colaboración ou pola submisión dunha delas.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

OmeupaiséGalicia

Non vexo aos comunistas españois tan asiduo,s dicir nada disto, claro o comité central de Madrid manda aos seus servos estar caladiños. É obxectivo vir a recompilar os votos, cunha denominación propia en Galicia, pero nada máis. Xa se veu nestes meses. Que mágoa!!! Cando vos manden devolver os cen millóns de euros das elección dos que sodes coresponsables, falaremos, ou ao millor cando vaiades a traballar por catro patacos a Extremadura ou Madrid. Así os visualizades non só nos alcumes que poñedes aquí.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.