Que sector está a estimular a mellora económica en Galicia?

Por vez primeira dende que comezou a recesión, a economía do país medra máis que a do Estado grazas ao comercio exterior. Unha boa noticia, pero cómpre tomar con coidado porque se trata dun sector moi dependente dunhas poucas empresas, como Citroën ou Inditex.

Por GC Emprende | Vigo | 22/12/2016

O Foro Económico de Galicia presentou este mércores o seu derradeiro Informe de Conxuntura Socioeconómica do ano 2016, coordinado por Fernando González Laxe.
 
O sector con mellor comportamento en Galicia entre 2008 e 2015 foi o comercio internacional, segundo explican desde o Foro Económico de Galicia. As exportacións galegas medran nese período en 3100 millóns de euros, mentres as importacións caen en 380 millóns de euros, provocando un saldo comercial positivo récord de 3710 millóns de euros.
 
Nesta ocasión, xunto coa análise das contas económicas do terceiro trimestre do ano e a síntese estatística dos indicadores de conxuntura, o traballo compleméntase con comentarios sobre o panorama da acuicultura a cargo de Manuel Varela Lafuente e con 15 cadros para avaliar os efectos da crise económica en Galicia. Segundo o documento presentado, a economía galega medra máis que a española por vez primeira dende o inicio da recuperación económica. 
 
Recuperación económica
O estudo coa participación de, ademais de González Laxe, os economistas José Francisco Armesto, Patricio Sánchez e Santiago Lago. O informe de conxuntura presentado, explican desde o foro, corresponde ao terceiro trimestre de 2016 e constata que "a economía galega está a medrar un pouco máis que a economía española, por vez primeira dende o inicio da recuperación económica en 2014". O PIB galego, sinalan, medra ata setembro 2016 a unha media interanual do 3,3%, fronte ao incremento interanual medio do 3,2% do PIB de España. Asemade, engaden, Galicia rexistra as taxas intertrimestrais máis elevadas dende o comezo da crise (0,9%), "o que unido á certa ralentización da economía española, semella reflectir que continuará o proceso de converxencia á media española no conxunto de 2016".
 
Segundo recolle o documento, "o dinamismo da actividade produtiva trasládase novamente ao mercado de traballo, que presenta unha medra da ocupación e unha redución do número de persoas desempregadas". O número de persoas que levan máis dun ano en situación de desemprego, indícase no texto, descende no terceiro trimestre un 13,7% en relación ao mesmo trimestre do ano anterior, diminuíndo o seu número tanto no caso dos homes como das mulleres, así como en todos os grupos de idade e nivel educativo. Con todo, apuntan os economistas, o paro de longa duración aínda representa o 53% do paro total. 
 
A evolución durante a crise
O Foro Económico de Galicia, liderado polo Grupo Gen da Universidade de Vigo, tamén analiza neste último documento a evolución económica durante a crise, destacando o feito de que o PIB per capita galego pasou de 21.226 euros no ano 2008 a 20.431 euros en 2015. O informe recolle tamén a contracción do PIB industrial, que cae dende o 19,5% que representaba sobre a produción galega en 2008 ao 18,8% que representa en 2015. A maior caída, indícase no texto, reflíctese no PIB da construción, que pasa de representar o 12,1% da economía galega ao 6,6%. Pola contra durante a recesión económica, engádese, constátase o crecemento do peso do sector do comercio (medra dous puntos ata o 24,4%) e do sector público (tamén medra dous puntos ata o 19,4%).
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Secto

Creo que os puticlubs son os negocios máis rendíbeis que hai, tamén o tráfico de armas, o das caixas, xa foi.


Presentación Informe de Conxuntura Socioeconómica de 2016/uvigo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.