As oportunidades de negocio no sector das farmacias por Internet

Hai máis de ano e medio, en concreto dende o pasado mes de xullo de 2015, a lei en España autorizou a venda de medicamentos a través da Internet. Lanzar unha ciberfarmacia pode ser, polo tanto, unha boa oportunidade para o emprendemento pois trátase dun subsector aínda verde no país.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 30/12/2016

Antes de montar unha farmacia online barata cómpre ter en conta, iso si,  que non se pode vender de todo.  A Lei limita a venda de medicamentos por internet de fármacos con subvencións da Seguridade Social, medicamentos veterinarios e receitas médicas producidas en laboratorios adxuntos a farmacias, como cremas ou xaropes. Calcúlase que aproximadamente existen ao redor de 1.200 medicamentos sen receita que poden ser vendidos por internet.
 
Ademais dos medicamentos para os que non cómpre receita ou que non queremos sexan subvencionado polo seguro, podemos mercar toda clase de mercadorías de parafarmacia, a miúdo a prezos máis baratos. 
 
O sector ofrece oportunidades de crecemento porque  unicamente o 24% das farmacias españolas as que teñen presenza na Rede. Delas, excasamente o 6 por cento venden de forma online. A todo isto, debemos engadir comercio electrónico aínda non alcanzou todo o seu potencial  no noso mercado e que as compras enliña, polo tanto, deberían seguir aumentando a medida que os mozos van gañando poder adquisitivo e os maiores abandonan as súa reticencias tecnolóxicas.
 
Os estudios sectoriais indica que en 2020 espérase que o número de usuarios no Estado que compran produtos de farmacia e parafarmacia a través da Rede supere os sete millóns de persoas. Son datos de Evercom no Primeiro Estudo sobre hábitos de consumo de produtos de parafarmacia, publicado o ano pasado. 
 
Límites e requisitos
 
Con todo, no sector das famacias virtuais existen, como é normal, requisitos moi esixentes. Neste sentido, un establecemento deste tipo debe separar os medicamentos que son sen receita, non ten permitido facer ofertas no seu prezo, debe ofrecer un asesoramento aos clientes, non pode aceptar devolucións, e, ademais, debe de rexistrar todos os pedidos durante dous anos.
 
A venda destes medicamentos na internet só pódese facer desde unha tenda virtual, de forma que non é posible vender a través de correo electrónico.  Ademais, o responsable da farmacia online, ten que ser un farmacéutico, do mesmo xeito que pasa coas farmacias físicas. Este persoa debe garantir a  atención ao cliente e o asesoramento por parte do persoal do ámbito farmacéutico. No referido ao envío, debe haber un transporte directo entre a farmacia e a casa do comprador, para que se garante o perfecto estado do medicamento. E de cara ao marketing, debe ter en conta que non se poden ofrecer promocións de lotes, 2x1, etc. nos medicamentos.
 
 
 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Farmacia en Galicia / as Cochese Flickr

Dispensando medicamentos nunha farmacia/ snarc

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.