Lugo e Ourense lideran a destrucción de emprego autónomo

Medidas como a tarifa plana para os empregados por conta propia non logran consolidar esta fórmula, a máis común entre os emprendedores, no país. En España, pola contra, cada vez son máis os que se pasan ao RETA.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 07/01/2017

Galicia é a segunda autonomía na que máis emprego autónomo se destruíu o ano pasado, só superada por Castela León. No país hai 215.572 empregados por conta propia na actualidade. Segundo datos oficiais do Régimen Especial de Trabajadores Autónomos (RETA) do Ministerio de Trabajo, isto implica uns 1.687 menos que a finais de 2015.
 
Por provincias, Pontevedra foi a única na que aumentaron os autónomos, pero a penas uns 30 proletarios. No extremo oposto están Ourense (408 menos, unha caída do 1,6%) e Lugo (460 menos, unha caída do 1,5%) . As dúas provincias do interior lideraron o Estado en desaparición de autónomos. 
 
Estas cifras contrastan coa situación no Estado, onde os autónomos medran un 0,8%; terceiro ano consecutivo no que se dá un incremento, aínda que sexa a un menor ritmo. En España hai máis de 3,19 millóns de autónomos.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Protesta de autónomos, entre eles profesionais da venda ambulante galegos, diante das Cortes / www.muypymes.com/

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.