Axudas para grupos que innoven no rural

Autónomos, empresas do rural e cooperativas son algúns dos axentes que poden presentarse a esta convocatoria de subvencións dotada con máis de 400.000 euros.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 09/01/2017

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a convocatoria das axudas para a creación e funcionamento de grupos operativos de innovación da Asociación Europea de Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola.  Para este 2017 o Goberno pode adxudicar como máximo 412.253 euros. Estes grupos operativos teñen que estar formados polo menos por dous membros.

Quen pode pedir estas axudas? Pois agricultores, gandeiros, silvicultores e organizacións representativas destes, investigadores, persoas que desenvolvan por conta propia a súa actividade no eido do medio rural, empresas do sector agrícola, gandeiro ou forestal e as súas organizacións representativas, cooperativas agrarias e as súas asociacións e outras entidades que demostren intereses no fomento da competitividade da agricultura.

Que tipo de proxectos cubren as subvencións? O Goberno Galego explica que iniciativas de xestión sostible dos recursos naturais, sistemas agrarios de produción, cadea agroalimentaria, bioeconomía, aplicación das TIC ao sector e outras iniciativas enmarcadas dentro da produtividade, sostibilidade e innovación agrícola, forestal e agroalimentaria.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Cristina Fernández-Armesto, unha das socias da granxa Casa Grande de Xanceda, e Junior, un dos burros que empregan para alertar dos ataques do lobo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.