Axudas para mozos emprendedores en Lugo

A Deputación subvencionará até 3.000 euros para os emprendedores novos que poñan en marcha establecementos. Por outra banda, o programa Lugowork ofrece formación e contratos en nichos de emprego.

Por GC Emprende | Lugo | 29/01/2017

A Deputación de Lugo promete que durante este ano 2017 arrancará a liña de axudas do LUGOWORK que inclúe formación e subvencións  de 3.000 euros para que mozos lucenses no paro poñan en marcha os seus propios establecementos, favorecendo o emprendemento.

Dentro desta mesma inciativa hai un en marcha un programa para que mozos no paro se inscriban nos cursos do LUGOWORK, que inclúen contratos laborais. 

Estamos nos ultimos días para que mozos lucenses menores de 30 anos e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil fagan a súa solicitude para participar en 7 accións formativos sobre nichos de emprego na provincia, que posteriormente inclúen contratos laborais durante 6 meses en empresas lucenses.
 
Hai 105 prazas. Son 15 por acción formativas, que son as seguintes: 
 
- Auxiliar de Vendas Online e Atención ao Público, que terá en Lugo.
- Axudante de Cociña e Servizo de Restauración (Lugo).
- Emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal (Viveiro).
- Aserrado de madeira (A Fonsagrada). 
- Auxiliar de Xestión Informática e Internet para PEMES (Lugo).
- Traballos auxiliares en obras de rehabilitación e construción (Monforte de Lemos).
- Operario de obra civil (Lugo).
 
Os interesados poden inscribirse ata o 3 de febreiro en www.deputacionlugo.gal ou en www.eoi.es. Máis información en lugowork@deputacionlugo.org e en 982-26-00-88 ou 982-26-00-77. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Presentacion do Lugowork

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.