A Deputación de Lugo acaba de abrir a inscrición a sete novos postos de traballo en tres concellos da provincia través do DEPUemprego, o plan que o Executivo da Deputación dotou de 3 millóns de euros para financiar os custos laborais de novos traballadores nos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes.
Estes empregos serán para
Baleira, Triacastela e Pantón. Así, en Baleira, ofértanse 2 peóns de obra e 1peón condutor e o prazo está aberto ata o 9 de marzo. En Triacastela, búscase 3 peóns e o prazo está aberto ata o 7 de marzo e en Pantón, ofértase 1 técnico informático e o prazo está aberto ata o 13 de marzo. Máis información en
www.deputacionugo.gal e nos propios Concellos, onde se fan as inscricións.
Con estes 7 novos empregos, son xa 192 os que en total o Goberno da Deputación leva xerado en 52 municipios na provincia a través do DEPUemprego. De feito, nas vindeiras semanas se xerarán outros 71 empregos.
Outras tres ofertas
Por outra banda, o organismo provincial ben de publicar a listaxe de requirimentos para as tres solicitudes de emprego do
programa Ben Empregado. En total, son 166 os aspirantes que terán que presentar algún tipo de documentación, nun prazo de 3 días hábiles, do 3 ao 7 de febreiro. Os nomes dos aspirantes e os requirimentos poden consultarse na páxina web da Deputación:
http://bit.ly/2mPaD8L
Unha vez rematada a revisión de requirimentos, o organismo provincial publicará en
www.deputacionlugo.gal a listaxe de aspirantes excluídos e a citación das entrevistas. Agárdase que este proceso poida efectuarse na segunda quincena do mes de marzo.
O Ben Empregado 3, está dotado de 2,3 millóns de euros cos que o Goberno da Deputación asume os gastos laborais e salariais pola contratación de parados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro de toda a provincia.