Como comercializar a través da Internet?

Seminario sobre Digital Marketing en IESIDE da Coruña o venres 24 e o sábado 25 de marzo.

Por GC Emprende | A Coruña | 23/03/2017

O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) organiza no seu centro da Coruña (Ronda de Nelle, 31) un seminario sobre marketing dixital, impartido parcialmente en inglés. Álvaro Gómez Vieites será o profesor encargado de conducir este curso que se desenvolverá o venres 24 entre as 16.30 e as 21.45 h e o sábado 25 de marzo entre as 09.00 e as 14.15 h.
 
SEMINARIO SOBRE DIGITAL MARKETING
Os obxectivos deste seminario inclúen analizar as principais características da economía dixital, avaliar o impacto dos novos modelos de negocio e dos cambios nas relacións cos clientes, coñecer os datos máis destacables do marketing dixital, do comercio electrónico a través de Internet, das plataformas do e-commerce, o impacto no consumidor final, o deseño e construción de tendas online, a importancia da función loxística, abordar o impacto dos medios e a aparición dun novo modelo de comunicación cos clientes.
 
Álvaro Gómez Vieites é profesor asociado en numerosas escolas de negocios españolas (IESIDE en Galicia, ESEUNE en Euskadi e Beijing, ESIC/ICEMD en Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza e outras cidades importante en España), e combina as súas actividades docentes e investigadoras con tarefas de consultoría en innovación, tecnoloxías e sistemas da información, seguridade informática, marketing dixital e comercio electrónico. É tamén autor de 31 libros e numerosos artigos técnicos e científicos para comunicacións en congresos.
 
IESIDE
O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) nace en abril de 2016 por iniciativa de Afundación. Conta con 22 docentes a tempo completo, 52 profesores asociados, 4 docentes estranxeiros visitantes e 250 profesores colaboradores.
 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Os alumnos chinos na residencia de estudantes de IESIDE en Pontevedra

Sede de IESIDE

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.