Presidenta de AJE acusada de ocultar anciáns nun galpón

A presidenta dunha das asociacións de emprendedores máis activas do país, Lucía Pedroso, da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, veuse envolta esta semana nunha importante polémica. A Consellería de Política Social abriulle expediente sancionador a súa residencia de persoas maiores por sobreocupación.

Por GC Emprende | Pazos de Borbén | 24/03/2017

O relato do sindicato CIG do descuberto por unha inspectora na Residencia Xerontolóxica "Mi Casa" é estremecedor. Decordo a esta versión, os xestores estiveron ocultando a un grupo de anciáns durante varias primeiro na lavandería e logo nun galpón. Non foi até que a inspectora chamou a Guardia Civil que os xestores abriron a porta do galpón e descubriuse o suposto trato deningrante.
 
“Estas persoas estiveron arredor de catro horas en condicións degradantes, primeiro na lavandería e logo no galpón a máis de 25 grados de temperatura, sen auga, sen a súa medicación e incluso sen cueiros”, denunciou a central.
 
Que di Pedroso ante estas gravísimas acusacións? A emprendedora, segundo resume C.P. na Voz, admite que había sobreocupación pero nega que os anciáns estivesen agochados primeiro na lavandería e logo -aproveitando que a inspectora saira chamar- nun galpón. De acordo a súa versión, as persoas maiores estiveron en todo momento atendidas nas súas habitacións. 
 
Pedroso vese vítima dunha persecución por parte do sindicato para que dimita de AJE. Esta directiva tamén tamén é vicepresidenta da Confederación Española de Jóvenes Empresarios (CEAJE) e vocal da patronal española COE. A CIG di que debe dimitir e que ten aos seus traballadores ameazados baixo un clima de “terror laboral”.
 
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511

Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe

Comentarios

2 comentarios
2

Emilio Boullosa

Esta señora que a parte de impresentable, xa a Asociación que Preside debía facer que dimita, non ten vergoña nin dignidade, cando non ten dimitido, pero a parte, está inhabilitada para calquera cargo relacionado co sector, polos feitos que se relatan, que son moi graves, esperemos que ó peso da lei caiga sobre ela, como corresponde ó delito, a gravedade dos feitos. Pobre ancianos que despois de tantos anos, de traballos, de penurias, xa deus de canto sufrimento que teñan que tolerar a unha oportunista que para enriquecerse que os manexe de éste xeito, además que vaia de Presidente de cousas de éstas que son para coller subvencións, é despois ir a política do PP, é outras, como líderes, de que, de por favor non me fagán comentar os delitos nos que pode estar inmersa cos pobres velliños, esto é mo grave repito. Saude-

1

Pedroso nunha audiencia con El Rei

Directiva de AJE Pontevedra

Residencia Mi Casa en Pazos de Borbén

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.