Galicia deseña edificios enerxéticos para o futuro

Un consorcio de empresas europeas e a UVigo desenvolve un sistema para mellorar a eficiencia enerxética en edificios

Por GC Emprende | Vigo | 05/04/2017

Un consorcio público-privado de España, Francia e Holanda traballa nun proxecto que, con tres millóns de euros de orzamento e dous anos de duración, ten como fin desenvolver, implementar e optimizar solucións para mellorar a eficiencia enerxética dos edificios e reducir "drasticamente" as emisións de CO2 e o consumo de enerxía dos edificios.
 
Trátase do proxecto 'Enginency', que coordina a compañía española ICM División Industrial, e no que participan tamén a empresa francesa Qivivo e a holandesa DEMO Consultants BV, así como a Universidade de Vigo (UVigo), a través dos grupos de traballo de Tecnoloxía Enerxética e de Xeotecnoloxías Aplicadas.
 
Este proxecto permitirá realizar simulacións sobre modelos calibrados automaticamente e desenvolver unha ferramenta holística para inspeccionar edificios e medir a súa eficiencia enerxética, tras o que fará predicións e estimacións. Con iso, reducirase en máis do 50 por cento o consumo enerxético do usuario final; nun 94% os custos de inspección e nun 88% a súa duración.
 
Para iso, desenvolvéronse distintos sistemas -como un dron e unha mochila con sensores e cámaras integradas-, que permiten capturar a realidade dos edificios para identificar posibles fugas enerxéticas e así xerar modelos e facer unha estimación do investimento que faría falta para liquidar posibles problemas.
 
Así, espérase que 'Enginency', que chegará ao mercado como un 'SaaS' (Software as a Service), accesible para calquera usuario a través de Internet, xere 65 novos postos de traballo dentro do consorcio e un ingreso acumulado superior aos 20 millóns de euros durante o cinco primeiros anos de comercialización.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Integrantes do proxecto 'Enginency' que buscan edificios máis enerxéticos / UVigo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.