Xornada gratuíta de creatividade e innovación

O vindeiro 12 de maio, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acollerá o evento gratuíto ‘Aquae Talent Hub’ (Paixón polo Talento), un encontro para afondar no mundo da innovación e os procesos creativos que organiza a Fundación AQUA e, en Santiago, en colaboración coa USC e Viaqua. Cómpre reservar praza.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 05/05/2017

 A sede do Reitorado da USC acolleu este venres a presentación do Aquae Talent Hub, unha iniciativa da Fundación Aquae que terá a súa primeira edición en Galicia o vindeiro día 12 de maio grazas á colaboración entre esta entidade, a USC e a empresa de xestión de augas Viaqua.
 
A organización lembra que dado o formato do evento, con obradoiros participativos e espazos para o networking e intercambio de ideas, faixe necesario controlar o aforo e asistencia á cita, pero aínda se pode reservar plaza na súa web.
 
A Faculade de Ciencias Económicas e Empresariais, no Campus norte, acollerá este evento que se estructura en torno a un obraodiro e unha master class impartidos cada un por un experto en innovación e emprendemento social. Ademais, haberá sesións de ‘networking’.
 
Entre os relatores estará, por un lado, a especialista invitada a Santiago será Cecilia Tham, fundadora de “Makers of Barcelona (MOB)”, un dos miyores centros de coworking do país, desde o que impulsou outras iniciativas como o “FabCafe”, e unha referente da economía colaborativa. E por outra parte, Irene Lapuente, fundadora da empresa “La Mandarina de Newton” dedicada ao fomento da Creatividade.
 
Os detalles deste evento déronos a coñecer o director de Viaqua, Julio Masid; a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Mª Dolores Álvarez, e o reitor da USC, Juan Viaño. 
 
O reitor destacou que a xornada responde á metodoloxía propia que estableceu a USC para prosperar no emprendemento e a innovación, “apostando pola colaboración con outras entidades e organismos a través de diferentes accións colaborativas, como a que hoxe nos ocupa”. 
 
O director de Viaqua, Julio Masid, aproveitou para agradecer a primeira aposta do Aquae Talent Hub por Galicia e amosoua súa satisfacción por formar parte desta iniciativa. "Queremos contribuír a construír un mundo mellor", algo que "facemos también día a día a través da xestión do ciclo integral da auga".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O director de Viaqua, Julio Masid; a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Mª Dolores Álvarez, e o reitor da USC, Juan Viaño

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.