As Termas acolle un concurso de emprendemento para comercios e cidades intelixentes

Por GC Emprende | Lugo | 10/05/2017

O Centro Comercial As Termas de Lugo, ademais de proporcionar unha das mellores áreas de compras e ocio en Galicia  (entre outros servizos oito salas de cine con descontos especiais os mércores), é un espazo no que se promove o emprendemento.
 
Así, leva varias semanas acollendo o Wonderful Summit, unha iniciativa que se desenvolve en varias cidades e que busca potenciar proxectos innovadores en dous eidos. O primeiro é o eido do comercio, buscando potenciar solución innovadoras para o funcionamento tanto de tendas como de centros comerciais. O segundo eido é o que promove a calidade de vida das cidades a través da tecnoloxía, o tamén coñecido como desenvolvemento de cidades intelixentes.
 
O proxecto Wonderful premiará as ideas gañadoras con, entre outros servizos, acceso a financiación bancaria e a inversión privada. Os triunfadores tamén terán 1.300 produtos de software Microsoft,  650€/mes en Microsoft Azure, asesoría xurídica, formación e unha entrevista en medio de comunicación estatal.  Ademais, os seleccionados en Lugo participarán nun evento final a organizar en Madrid. En Lugo o evento está tendo lugar entre o 18 de abril e o 4 de xuño, co apoio do espazo comercial e do Concello da cidade das murallas. 
 
Os interesados deben dirixirse ao Centro Comercial As Termas, cuxa zona comercial abre de luns a sábado entre 10 da mañá e 10 da noite e dispón de máis de 2.200 prazas de aparcamento totalmente gratis.  A infraestrutura tamén oferta wifi de balde e unha ecoworking área con cargadores e tabletas con acceso a internet.  Tamén se poden realizar consultas a través dun servizo de información a través do popular Whatsapp. O número de teléfono para as consultas mediante esta app é o 660 214 907 , os días de apertura de 10 da mñá a 10 da noite.
 
Unha boa oportunidade para achegarse ás Termas e de paso visitar algunha das mellores tendas en Galicia  dado que conta coas principais marcas en sectores como o téxtil , restauración e tecnoloxía, entre outros.
 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Centro Comercial As Termas de Lugo /ccastermas.com

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.