Lanzan un Burmar-Flax de raxo en zorza

En Vigo xa existe un boicot ao produto primeiro porque o sabor é tipicamente coruñés e segundo porque non se utiliza o nome ‘frigolosina’ en lugar de Flax.

Por GcToday | Vigo | 25/06/2017

 
A empresa Burmar Sweet ven de anunciar o lanzamento dun novo sabor nos seus coñecidos flases de sabores. Este verán poderemos atopar en tendas, kioskos e supermercados, ademais dos clasicos sabores de cola, amorodo, lima, limón ou laranxa o novo sabor de raxo en zorza. A empresa xa anunciou que se o novo sabor tiña éxito aproveitarán para lanzar novos sabores como o de calamares, albóndigas ou rabas.
 
Polémica
 
Días antes de que o novo produto chegue ás tendas xa é polémico e por razóns enfrontadas. Mentres persoas de Vigo xa criticaron que a empresa escollera para o novo sabor o dunha tapa tipicamente coruñesa ao que se sumou que non se utilizara o nome ‘frigolosina’, típico en Vigo e arredores. Pola súa banda, varias persoas da Coruña parabenizáronse pola escolla do sabor pero pedíronlle á emprsa que non lle cambiaran o nome. “Eso de frigolosina te es un vocablo del eje Vigo-Portugal”, declararon.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Burmar-flax de Raxo /temposgalegos

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.