Unha investigadora da UVigo, premio 'Vodafone Connecting for Good' á innovación en telecomunicación

A súa proposta é unha adaptación ao castelán da libraría SimpleNLG para a xeración automática de linguaxe natural a partir de seleccións de palabras.

Por GC Emprende | Vigo | 27/06/2017

A investigadora Silvia García Méndez, do grupo de Tecnoloxías da Información de AtlanTIC da Universidade de Vigo, foi recoñecida pola Fundación Vodafone co seu premio 'Connecting for Good' á innovación en telecomunicación, polo seu proxecto de libraría para a xeración de linguaxe natural en castelán.

A súa proposta, que resultou gañadora na categoría de Accesibilidade TIC, é unha adaptación ao castelán da libraría SimpleNLG para a xeración automática de linguaxe natural a partir de seleccións de palabras. Esta libraría, explicou a propia Silvia García, foi integrada no comunicador PictoDroid, desenvolvido polo Grupo de Tecnoloxías da Información da escola de 'telecos', en colaboración co centro de educación especial Manuel López Navalón de Santiago de Compostela.

Trátase dun comunicador pictográfico que permite ás persoas con algunha discapacidade que afecta á súa comunicación poder superar esa barreira co uso de pictogramas. A achega de Silvia García Méndez supón que, a partir da selección de pictogramas, xérase de forma automática unha frase en linguaxe natural.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Linguaxe de signos / santiagoturismo.com

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.