Morren 3 mozos a causa dun Spinner desbocado

O fidget spinner saiu disparado das mans dun deles e impactou consecutivamente nas cabezas dos tres mozos.

Por GcToday | Muros | 02/07/2017

Tarde tráxica a acontecida no día de onte na vila de Muros, onde 3 rapaces de entre 21 e 23 anos morrían a consecuencia do impacto dun fidget spinner que saiu desbocado das mans dun deles cando tentaban conseguir a máxima velocidade do aparello xiratorio.
 
Os rapaces que se atopaban dandolle velocidade ao spinner mentres un deles o suxeitaba recibiron o impacto brutal e consecutivo do xoguete nas súas cabezas deixando a dous deles sen vida no momento e o terceiro que falecía na ambulancia de camiño ao hospital.
 
O fidget spinner, un aparello ata o de agora considerado como reductor do estrés, cóbrase as súas 3 primeiras mortes e abre un debate na sociedade sobre a seguridade dos mesmos en mans de persoas non cualificadas para o seu manexo.
 
Desde a Xunta de Galiza afirman que estudaran a fondo este e caso e proporán ao Parlamento Galego a introdución dunha licencia de uso deste xoguete para os menores de 25 anos, así como a contratación de pólizas de responsabilidade civil aos donos dos spinners.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Premio Nacional de Humor

Se a alguén lle parece gracioso, que se manifeste, por favor. A min nin puñetera graza me fixo,,,

2 respostas
1

Por Outro roñón: O máis gracioso do asunto, ata o de agora, o teu comentario ahahaha. Estou contigo, nin gracia fai ningunha das entradas estas. En serio, GC, deixádeo xa, non é obligatorio meter unha sección deste tipo no xornal. EMT mola, isto non, asumídeo. PD: tampouco é obligatorio meter unha sección de viñetas.

2

Por Graza: Eu rinme...


Fidget Spinner /temposgalegos.net

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.