Seminario sobre fiscalidade dos investimentos e planificación fiscal

Este seminario, incluído nos Business Program Days de IESIDE, impartirase o venres 30 de xuño e o sábado 1 de xullo

Por GC Emprende | Vigo | 29/06/2017

 Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) organiza no seu Campus de Vigo (Av. de Madrid, 60) o seminario «Fiscalidade dos investimentos e planificación fiscal» incluído nos Business Program Days. Será impartido por José Antonio Gil do Campo e desenvolverase mañá venres 30 de xuño de 16.30 a 21.45 h e o sábado 1 de xullo entre as 09.00 e as 14.15 h. 
 
SEMINARIO FISCALIDADE DOS INVESTIMENTOS E PLANIFICACIÓN FISCAL
Os asistentes coñecerán as ferramentas dispoñibles para realizar unha correcta planificación fiscal e unha planificación operativa. Así, abordarase a problemática relativa á imposición directa ás persoas físicas (IRPF, patrimonio, sucesións e doazóns, renda de non residentes), a fiscalidade dos produtos financeiros e a planificación fiscal patrimonial e empresarial. Deste xeito abordaranse os réximes fiscais especiais e as operacións protexidas, ademais de analizar as operacións corporate máis habituais.
 
Máis información e inscricións aquí
 

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Sede de IESIDE

Un dos cursos de formación de IESIDE

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.