Oportunidade para os negocios pensados para familias con bebés

Nace BEBEGA, a primeira Feira do Bebé de Galicia. Terá lugar no recinto en Expourense na fin de semana do 14 e 15 de outubro canda o Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais.

Por GC Emprende | Ourense | 30/06/2017

Atraer a máis público familiar. Este é un dos obxectivos de Expoourense co lanzamento da primeira Feira do Bebé de Galicia. 

Terá lugar a fin de semana do 14 e 15 de outubro e  pretende "converterse no espazo especializado de referencia tanto para as empresas do sector como para as familias". 

A nutrición, puericultura, roupa, calzado, fisioterapia para mamás e bebés, servizos médicos pediátricos, seguridade, hixiene, educación, mobiliario, electrodomésticos, viaxes dirixidas ás familias, organizadores de actividades de lecer e tempo libre, animación infantil, servizos de axuda á lactancia, clases preparto e postparto, son algunhas das actividades que Expourense espera atraer.

Están previsto relatorios sobre o embarazo e o parto, lactancia, primeiros coidados, estimulación, etc. Tamén haberá espazos dirixidos ao entretemento dos máis pequenos. 

Expourense explica que continúa aberta a contratación de espazos para as empresas que queiran participar nesta dobre cita para as familias. Dobre cita porque BEBEGA coincidirá en tempo e espazo co Celebra, o Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais que cumpre xa 18 edición e acostuma a traer a unhas 5.000 persoas, di a organización.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Unha muller embarazada, nunha manifestación en Vigo polo cambio global, pregunta polo seu bebé: "¿Tendré futuro?" / Miguel Núñez

Bebés: plasticidad cerebral

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.