A Coruña presenta as súas medidas a prol dos emprendedores

O centro Accede-Papagaio celebra esta fin de semana as xornadas Impacta, sobre emprendemendo con impacto social e economía colaborativa

Por GC Emprende | A Coruña | 05/07/2017

A iniciativa Emprendendemento Coruña botou a andar hoxe como o “ paraugas “ de todas as iniciativas do Concello da Coruña neste eido.
 
O concelleiro responsábel, Alberto Lema,  explicou que a finalidade é “crear espazos para o traballo en conxunto de empresas vinculadas a un sector ou complementarias entre si, así como de asesoramento, formación e axudas á creación de empresas e ao fomento da actividade emprendedora, innovadora, sostible, internacional e da economía socia”l. Haberá tamén actividades informativas e de 'networking'.
 
Nese marco terán lugar no viveiro Accede Papagaio unha serie de xornadas que, como sinalou o concelleiro, buscan ser "espazos de xeración de ideas, networking, detección de necesidades e creación de sinerxias entre os axentes que están revolucionando a economía da cidade a nivel local: persoas emprendedoras, novas empresas, startups, cooperativas...". Deste xeito, o obxecto de Emprendemento Coruña nesta edición de 2017 é promover espazos abertos que promovan de colaboración, comezando por tres sectores con potencial crecemento, cos que agardamos contribuír ao dinamismo económico e social na cidade", dixo. Son, segundo apuntou, a economía con impacto social, a través das xornadas Impacta, que terán lugar esta fin de semana  o 7 e 8 de xullo no Papagaio, a economía creativa e a industria cultural (xornadas Creactiva, o 15 e 16 de setembro) e a economía verde (a través das xornadas Greenweekend, do 20 ao 22 de outubro). Tal e como fixo notar o concelleiro, estes bloques de traballo, que se organizan desde a concellería, terán seguimento en anos vindeiros e veranse enriquecidos con outras perspectivas e enfoques cruciais para a nova economía, como é a das mulleres emprendedoras, a chamada Economía Azul (vinculada ao mar), a economía da información e as tecnoloxías - TIC, o Turismo Verde ou as artesanías.
 
Dentro do programa Emprendemento Coruña, Lema deu conta tamén das axudas existentes para potenciar aqueles proxectos da economía social ou cooperativas que coa súa actividade promovan a competitividade da economía local a través da innovación e o uso da tecnoloxía, que teñan en conta na súa xestión criterios de igualdade e de conciliación e que contribúan ao desenvolvemento dun modelo económico respectuoso co medio ambiente. Inclúense nelas axudas a entidades asociativas empresariais sen ánimo de lucro para proxectos de promoción económica relacionadas coa innovación, a internacionalización e a economía social, cun máximo de 15.000 euros por proxecto, e as axudas a persoas emprendedoras para a creación de cooperativas e empresas (ata 5.000 euros por proxecto). Como tamén recordou o concelleiro, o Concello ten abertos dous viveiros de empresas, o de Agrela, cunha ocupación aproximada do 90%, e Accede Papagaio, que ronda o 50%, "cifras bastante satisfactorias á vista da súa escala".
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Imaxe virtual do viveiro de empresas do Papagaio

Alberto Lema

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.