Un diputado de Ciudadanos explica a nova lei de autónomos na asociación de emprendedores

A ASCEGA anuncia que este xoves acollerá un relatorio do parlamentario de Ciudadanos Sergio del Campo, un dos relatores da Proposición de Lei de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo. Del Campo é un dos ponentes da proposta de Lei que nestes momentos afronta a recta final antes de entrar en vigor.

Por GC Emprende | A Coruña | 18/07/2017

A charla forma parte dos "Encontros Políticos ASCEGA" titulados «Empresa e Política cara a cara». Os promotores explican que son "eventos abertos a todas as forzas políticas e a todas as ideoloxías, lugares de relación entre os autónomos e os que nos representan nas institucións, momentos de debate e de posta en común para tentar achegar solucións aos moitos problemas aos que os empresarios e a sociedade enfrontámonos cada día".
 
ASCEGA busca un debate "cara a cara", sen filtros, cos representantes da clase política. A cita será o xoves 13 de xullo ás 12:30 h na sede da asociación herculina.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Rolda de prensa de ASCEGA

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.