A Policía rexistra un edificio da Xunta en Ourense

Efectivos policiais revisaron e levaron documentación do Centro Tecnolóxico da Carne.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 21/07/2017

Axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da comisaría de Ourense rexistran, desde primeira hora deste venres, a sede do Centro Tecnoloxico da Carne (CTC), unha fundación dependente da Consellería de Medio Rural que ten a súa sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, no municipio ourensán de San Cibrao das Viñas.
 
A Policía Nacional analizou varios ordenadores do centro e está a solicitar documentación específica no marco dunhas dilixencias de investigación ordenadas pola Fiscalía de Ourense. Polo momento, non tivo lugar ningunha destención pero fontes policiais non descartan que, en base a esa documentación, teñan lugar con posterioridade. 
 
O Centro Tecnolóxico da Carne é unha fundación de interese galega cuxo obxectivo é dinamizar e mellorar a capacidade competitiva do sector agroalimentario de Galicia. A súa actividade xira en torno a servizos a empresas (análises, trazabilidade, seguridade e calidade alimentaria, APPCC, etc), I+D+i, formación e asesoramento e transferencia tecnolóxica, en íntima relación cos axentes do sector. Precisamente, os axentes estarían investigando a relación do centro con varias empresas.
 
O CTC presta os seus servizos a todos os colectivos sectoriais que forman parte da cadea alimentaria.O Centro desenvolve a súa actividade a través de convenios de colaboración asinados con entidades públicas e privadas, de proxectos presentados a diferentes convocatorias e mediante a oferta formativa coa que conta na actualidade.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Feijóo, e os conselleiros do Medio Rural e Industria visitan o Centro Tecnolóxico da Carne / xunta.gal

Rexistro da Policía no Centro Tecnolóxico da Carne /crtvg

Rexistro da Policía no Centro Tecnolóxico da Carne /crtvg

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.