A Xunta di que non pode quitar agora a contrata ao alcalde detido, aínda que podería quitarlla no futuro

Como é posible que a Xunta adxudique unha liña de autobuses a un empresario que acaba de ser detido por explotación de emigrantes; emigrantes que precisamente se dedicaban, entre outras cousas, a limpar autobuses ilegalmente?

Por Manuel Vilas | Xunqueira de Ambía | 01/08/2017

GC lanzou esta pregunta á Consellería de Infraestrusturas ao fío da detención de José Luíos Gavilanes (alcalde de Xunqueira de Ambía polo PPdeG) e o seu fillo Antonio. José Luís foi o administrador de Empresa Gavilanes até o ano pasado, cargo que agora ocupa o seu vástago. 
 
Acaba de gañar unha concesión do novo plan de transporte
 
Empresa Gavilanes é unha das gañadoras do recentísimo reparto de liñas de autobuses ao fío do novo e polémico plan de transporte. En concreto,  adxudicouse en solitario o transporte para o Eixo de Laza.
 
Voceiros oficiais da Xunta responden que “adxudicouse esa liña de acordo a uns criterios establecidos e antes de ter coñecemento de nada diso”, en referencia a detención do político despois de que a Policía comprobase a  existencia de tres homes, dous senegaleses e un colombiano, que supostamente estaban a traballar sen contrato para o alcalde, incluída a limpeza de autobuses, ou a súa contorna familiar.
 
Razonamento da Xunta
 
A Xunta argumenta que non poida quitarlle agora a concesión non significa que non poida meterlle man máis adiante. Os seus voceiros explican que no Plan de Transporte hai “cláusulas moi ambiciosas” no referido ao respeto ao dereito dos traballadores.
 
En particular, sinalan que “é motivo específico de rescisión de contrato a violación dos dereitos dos traballadores”. O alcalde, a súa muller e o seu fillo foron detidos a pasada semana, días antes do anuncio da concesión, como presuntos autores dun delito contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros.
 
A Xunta xustifica a súa inacción estes días porque “é moi prematuro para tomar medidas” pois isto sería “adiantar acontecementos”.
 
Así pois, malia que a propia Administración apunta que nos pregos de condicións dos concursos do novo plan de transporte se estipula que poderán perder as contratas as empresas que violen os dereitos laborais, a Consellería parece que agardará a que a Xustiza falle sobre o caso destapado pola Policía Nacional, algo que pode tardar anos, mesmo lustros.
 
CIG e Iniciativa por Xunqueira reclaman medidas, o PP rexéitaas
 
Un dos sindicatos do sector non está de acordo con esta pasividade. "Non pode manter unha concesión administrativa con Gavilanes, desde o momento no que hai indicios de que o propietario da empresa podería estar a explotar a traballadores migrantes", argumenta a CIG. 
 
Se a Policía proba as súas acusacións, implicaría que Gavilanes defraudou a Seguridade Social, pois tivo operarios sen contrato e sen pagarlle as cotas do seguro. Ningunha empresa pode contratar coa Administración sen estar ao día coa Seguridade Social.
 
A nivel político, o PP respaldou ao alcalde. O presidente da Xunta mesmo se mostrou estrañado de que se coñezan tantos detalles da investigación.
 
Segundo La Región, a Brigada Provincial de Extranjería aportou ao xulgado gravacións en vídeo dos emigrantes traballando ilegalmente, limpando autobuses, acompañando anciáns, limpando pisos de xogadores (o fillo foi presidente do Club Ourense Baloncesto) facendo xardinaría no chalé familiar, etc.
 
O alcalde negou as acusacións e asegura que só estaban facendo un favor aos emigrantes. Indica que era “axuda humanitaria” a cambio de nada e que ten a conciencia tranquila.
 
Iniciativa por Xunqueira, grupo independente, pediu a dimisión do alcalde. O líder do PP de Ourense, José Luís Baltar, respaldouno tras falar con el en base á presunción de inocencia. Os detidos foron liberados con cargos ás poucas poucas horas.
 
Gavilanes é alcalde de Xunqueira dende o principio da democracia tras pasar por varios partidos. Canda o seu fillo, posúe un considerábel grupo empresarial.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Leike

Como é posible? Porque son todos eles a mesma....cousa.


Antonio Gavilanes (dereita), co presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde Jesús Vázquez. / @MB_Presidente

Autobús de Empresa Gavilanes / Glen Wallace wikimedia

José Luís Gavilanes Losada, á esquerda, canda outros alcaldes e a conselleira de Medio Rural nunha imaxe da web da Xunta

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.