Buscas traballo en Lugo?

A Deputación ten abertos varios programas laborais en ata oito concellos da provincia.

Por GC Emprende | Lugo | 01/08/2017

Estás interasado en traballar en Monterroso, Ribeira de Piquín, Triacastela, Muras, Lugo e Monforte de Lemos? O Goberno da Deputación de Lugo xera 13 novos empregos  nestas provincias. Faino a través do DepuEmprego, o plan co que asume os custos laborais dos traballadores que requiran os Concellos para reforzar a prestacións de servizos municipais aos veciños, e do Ben Empregado, o programa co que asume os gastos laborais e salariais da contratación de parados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro da provincia.
 
Son, concretamente, 8 postos do DepuEmprego en ​M​onterroso: 2 peóns limpeza; 3 peóns de obras; 1 conserxe; 1  tractorista – palista e 1 mestre educación infantil.
 
Todas as persoas interesadas teñen que dirixirse ao Concello, pois son os encargados de realizar os procesos de selección. Neste caso, os interesados deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego. O prazo de solicitude abrirase a partires da segunda semana de agosto.
 
Os postos de traballo que xera o Goberno da Deputación a través do Ben Empregado son os seguintes: camareiro en Ribeira de Piquín; técnico de control de pragas en Triacastela; axudante de cociña en Muras; oficial de perruquería para Lugo; e oficial forestal para Monforte de Lemos.
 
Prazo de solicitudes aberto para 25 postos en 4 Concellos
 
Ademais destes postos, está aberto o prazo de solicitudes para optar a 25 postos a través do DepuEmprego. En concreto son:
-  4 empregos nas Nogais de peóns de obras públicas. Prazo aberto do 01/08/2017 ata o 08/08/2017.
- 11 empregos en Palas de Rei: 1 peón de limpeza, 2 peóns mantemento e restauración, 4 peóns mantemento, 1 enxeñeiro industrial, 1 socorrista, 1 técnico educación infantil, 1 traballador social. Prazo aberto do 01/08/2017 ata o 05/08/2017.
- 4 empregos na Pobra do Brollón: 1 oficial de 1ª electricista, 1 peón forestal, 2 peóns obras. Prazo aberto dende o 31/07/2017.
- 6 empregos en Quiroga: 1 electricista, 1 peón servizos múltiples, 1 conserxe, 1 animador sociocultural, 1 limpador, 1 operador de cámara Prazo aberto dende o 01/08/2017 ata o 07/08/2017.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Formación en novas tecnoloxías/ Comisión Europea.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.