Abre o prazo para solicitar axudas para a formación de traballadores

A Xunta promete que concederá máis de 22 millóns en axudas para cursos de formación mediante unha nova convocatoria que ten caráter plurinaual.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 31/08/2017

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convactorai de subvacións para programas de formación de traballadores. O prazo para optar ás axudas comeza mañá.
 
O Goberno galego promete que investirá 22,5 millóns de euros entre 2017 e 2018 para a mellora da cualificación de 12.000 traballadores galegos. Nesta edición, o Goberno galego priorizará os sectores emerxentes e os vinculados coa Industria 4.0.
 
"O obxectivo é adaptar a formación das persoas que contan cun posto de traballo ás novas esixencias que demanda o mercado laboral e, polo tanto, o tecido produtivo galego", di a Consellería de Economía.
 
Dos 22,5 millóns de euros destinaranse 9 millóns para a formación sectorial, reservándose máis de 2,3 millóns para os ámbitos forestal, da automoción, agroalimentación e enerxías renovables e 2 millóns para o naval.
 
O resto dos 9 millóns distribúese entre outros sectores como os da pedra natural, téxtil e moda e os emerxentes como a aeronáutica, a industria da saúde, a biotecnoloxía, a ecoindustria ou as tecnoloxías da información. A convocatoria das axudas terá un carácter plurianual. 
 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O conselleiro de Economía, Francisco Conde

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.