Protesta laboral contra Inditex na Coruña

A Coruña acolleu unha protesta laboral contra Inditex este xoves. En concreto, contra o peche dunha "histórica" tenda de Stradivarius en Catro Camiños. A protesta desenvolveuse coincidindo coa re-inauguración doutra tenda de Stradivarius da Praza de Lugo, tras ser reformada.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/09/2017

Aínda que a empresa prometeu que as operarias ían ser recolocadas noutros comercios da urbe, a CIG denuncia que perderán poder adquisitivo ao ter que compartir complementos con máis compañeiras. As traballadoras irán ao Centro Comercial Marineda e a citada Praza de Lugo, onde tivo lugar a concentración o xoves pola mañá.
 
"Dende o primeiro momento, manifestamos a nosa rotunda oposición ao peche da tenda histórica do C.C. Catro Camiños, que, día tras día, supera os obxectivos de venda marcados. Porén, a empresa remarcou que era unha decisión comercial irrevogábel", argumentou Lucía Domínguez, presidenta do comité na provincia da Coruña. Na protesta tamén participou Paulo Carril, o novo líder da CIG.
 
Estímase que hai unhas 20 persoas afectadas polo traslado. GC púxose en contacto con Inditex para explicar o seu punto de vista do conflito, pero polo de agora non recibiu resposta.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

5 comentarios
2

Antinostrus

Pois a min dixo-me un paxariño que o tal Ortega non sabe Repor un Botón nun Ollal....cuspidiño ao Cipaiomononeuronal do Nostrus (de porca nai morulizado, por certo).


1

vai mundo

É inhumano que unha única persoa teña máis diñeiro que o resto dos galegos todos xuntos, e os seus traballadores medio escravizados (e non falo do terceiro mundo)

3 respostas
1

Por Cansino: Pois monta ti un imperio dende 0 e cando teñas cartos abondo repárteos entre todos os galegos e ponlle soldos de 3000 euros aos empregados. O que hai que oír.... Como se ser empresario de éxito fose ser un delincuente. Veña home!!!!

2

Por Absit_gloriari_nisi: Hai para todos: Ponte ti a coser 20 pantalóns por minuto, como esixen algunhas "empresas" que traballan para I. Se a un empresario do textil non se lle coñece por TRABALLAR no textil ¿a qué lle chamamos empezar dende 0? Para ser vendedor, compre primeiro PRODUCIR , algo que os "empresarios" que temos esquecen moitas veces.

3

Por Cansino: Absit. O que queiras....fai o que el fixo e logo con eses cartos fai o que queiras....mentres pssdddd


Traballadoras de Stradivarius protestan contra o peche de tendas e o deterioro das condicións laborais na Coruña / CIG

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.