Como está a afectar Trump e o Brexit ás empresas galegas?

Un asesor do Banco Mundial e da Comisión Europea acude a Galicia para dar un relatorio sobre as perspectivas macroeconómicas a curto plazo e a súa repercusión no país.

Por GC Emprende | A Coruña | 04/09/2017

"Escenarios da Economía Mundial en 2018. Impactos en España e nas empresas galegas". Este é o relatorio que exporá mañá Mario Weitz na Escola de Negocios de Afundación, IESIDE, a partir das 19 horas e até as 21 horas na Coruña.
 
Weitz foi conselleiro delegado no Fondo Monetario Internacional e economista no Banco Mundial. Asesorou a presidentes de bancos en América Latina e Estados Unidos. Na actualidade segue a ser consultor do Banco Mundial e da Comisión Europea.
 
Dende IESIDE explican que o economista "de maneira amena, pero práctica e rigorosa explorará os efectos da economía mundial en España e Galicia en particular".
 
Como exemplo poñen cuestións como "Cales son os riscos ante os que debemos estar previdos? Como nos van a afectar as políticas de Trump, a deterioración de Temer en Brasil ou o Brexit tras as eleccións en Reino Unido? Que está a pasar nas economías emerxentes e como van evolucionar? É América Latina unha oportunidade?".
 
A inscrición nesta "Master Class" pode realizarse en liña a través da web de IESIDE Business Institute, a única institución de ensino privado que oferta un MBA en Galicia.
 
 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Mario Weitz /BCC

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.