Como é a economía circular e os modelos de negocio sustentables

Expertos internacionais no sistema C2C e na avaliación de carteiras sustentables explicaron na USC o presente e o futuro do Cradle to Cradle.

Por GC Emprende | Compostela | 05/09/2017

‘Economía Circular: Cradle to Cradle e modelos de negocio sustentables’ é o título dun seminario internacional que tivo lugar este martes na USC dirixido a responsables de empresas, consultores, académicos, estudantes e responsables políticos. Un evento que contou coa presenza dos expertos internacionais no sistema C2C, Tamara Zwart e Ignasi Cubiñà, e na avaliación de carteiras sustentables, Alexis Figeac.
 
O catedrático de Economía Aplicada e coordinador do Grupo ICEDE, Xavier Vence, foi o encargado de presnetar este seminario no que participaron expertos europeos en modelos de negocio para a Economía Circular. Entre outras persoalidades, Tamara Zwart, responsable de proxectos especiais europeos do Instituto de Innovación de Produtos Cradle to Cradle (C2C), pioneiro da Economía Circular, que explicou a filosofía do sistema de certificación C2C, orientado a avaliar o deseño, a fabricación e o potencial de optimización dos produtos dunha organización de acordo cos principios “do berce ao berce”. 
 
Pola súa banda, Ignasi Cubiñà, director da consultora Eco Intelligent Growth, socia española do Instituto Cradle to Cradle, ofreceu unha sesión interactiva para a dar a coñecer en detalle a metodoloxía e as aplicacións do sistema de certificación C2C. Por último, Alexis Figeac, responsable de equipo do Collaborating Centre on Sustainable Consumption and Production (CSCP), explicou os beneficios para as organizacións da avaliación e xestión de carteiras sustentables.
 
O seminario inscríbese dentro do programa de actividades do Master DEIN e do proxecto R2PI, financiado polo programa europeo Horizon 2020, no que participa o Grupo ICEDE -- que coordina Xavier Vence-- xunto con 14 universidades, consultoras e outras organizacións de países europeos. O consorcio manterá unha reunión de traballo en Compostela durante as xornadas do 6 e 7 de setembro, na que máis de 30 expertos debaterán sobre metodoloxías de análise  e deseño de modelos de negocio para a Economía Circular.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Conceptos da economía circular

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.