Novas liñas para a contratación de empregados en Lugo

O Goberno da Deputaicón de Lugo punturará favorablemente ás entidades e asociacións que ofrezan contratación indefinidas.

Por GC Emprende | Lugo | 08/09/2017

A Deputación de Lugo puxo en marcha o Ben Empregado 4, máis social!. Unha iniciativa dotada de 2,2 millóns de euros que permitirá a xeración duns 150 novos postos de traballo nesta provincia. 
 
O programa inclúe axudas dun máximo de 22.000 euros, dirixidas a empresas e colectivos sociais de toda a provincia, para a contratación, durante 1 ano, de novos traballadores cos que, “ademais de facer fronte ao taxa de paro, contribuír á actividade de autónomos, PEMES e asociacións lucenses co obxectivo de dinamizar a economía da provincia e contribuír á importante labor social do tecido asociativo”, apuntou Santos Ramos. 
 
O plan financiará o 100% dos custos laborais de novos traballadores en empresas da provincia cando se traten de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral, especialmente,, persoas con dificultades físicas ou psíquicas, vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos ou ex-drogodependientes. Tamén financiará ao 90% os custos laborais de novos traballadores en colectivos sociais lucenses e ao 50% os custos laborais de novos traballadores en xeral en empresas de toda índole e da provincia”.
 
Poderán optar ás axudas todos os autónomos, PEMES e colectivos sociais da provincia agás aqueles que se beneficiasen das anteriores edicións do Ben Empregado e, rematada a subvención, non contratasen finalmente aos traballadores; e tampouco ás que renunciase as axudas con persoal xa seleccionado que non quixeron contratar. 
 
Puntuación favorable: contratación indefinidas
 
O voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos,  explicou que “en defensa da xeración de emprego de calidade, incluímos cláusulas sociais tanto no proceso de selección de empresas e colectivos sociais, como nos contratos dos traballadores. Deste xeito, puntuarase favorablemente ás entidades e asociacións que ofrezan contratación indefinidas; que melloren as condicións laborais dos traballadores con respecto aos seus convenios sectoriais, así como as que ofrezan medidas de responsabilidade social e corporativa. O conxunto das cláusulas sociais incorporaranse aos contratos dos traballadores. 
 
Para “chegar a máis xente”, tamén puntuará favorablemente as propostas de empresas e colectivos lucenses que non participasen nas anteriores 3 edicións do Ben Empregado.
 
En caso de incumprimentos, as empresas ou colectivos poderán perder a subvención da Deputación. “Faremos controis que, por exemplo, no caso dos pagos aos traballadores, serán, evidentemente, mensuais”, apuntou. 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Oficina Da Seguridade Social, Oficinas, Emprego, Desemprego, Desempregado

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.