Traballadores de Elnosa denuncian ante o Parlamento que o BNG "quere pechar" a súa empresa

Acusan ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores de "sátrapa" e din que a intención do seu concello é a de ir "pechando empresas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2017

Media ducia de traballadores de Elnosa deuse cita este mércores ante o Parlamento de Galicia para criticar ao BNG, ao que acusa de "querer pechar" a súa empresa, e para cargar contra o "sátrapa" Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.

En declaracións a Europa Press, o presidente do comité de empresa, Avelino Martínez, relacionou a súa protesta fronte á Cámara, coincidindo co pleno, cunha pregunta do Bloque sobre o proxecto sectorial de incidencia municipal que se está tramitando para permitir que Elnosa continúe na súa localización máis aló do mes de decembro, cando caduca a súa autorización ambiental.

Esta iniciativa parlamentaria, tal e como sostivo, súmase á intención do Concello de Pontevedra de "pechar a empresa" sen dar "ningún tipo de alternativa" aos traballadores. "Hai que esixir ás administracións que requiran ás empresas para cumprir a lei, como está a facer a nosa, pero que manteñan o traballo", defendeu Avelino Martínez.

Desde o convencemento de que "é denigrante vir ao Parlamento a pedir o peche de empresas", incidiu en que os traballadores seguirán "pelexando" polos seus empregos. "Non nos van a calar, nin dun partido nin doutro. Seguiremos defendendo os nosos postos de traballo póñase quen se poña diante", salientou.

Como indicou, Elnosa supón uns 70 contratos na comarca de Pontevedra "estables e de calidade", e soporta uns 200 postos tendo en conta a actividade indirecta. "Non andamos sobrados para desperdiciar iso", concluíu o presidente do comité de empresa.

"SÁTRAPA LORES"

Ademais, nun manifesto repartido durante a protesta, os traballadores lamentan "vivir día a día sendo a diana cara á que apunta e dispara" o Concello de Pontevedra e que "se utilicen recursos públicos para litigar contra a permanencia dos postos de traballo".

"É indecente que un sátrapa (persoa que abusa da súa autoridade para conseguir o que desexa) como o alcalde Lores pretenda arruinar as nosas vidas", prosegue o texto, no que se asegura que os traballadores seguirán "pelexando" polo seu "futuro" fronte á "violencia institucional" que sofren.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

8 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 7

    Cansino

    Tranquilos o BNG vaivos aprender a vivir do aire e do conto.....todos eles levan anos facéndoo.


    6

    Eu mesmo

    Dupla intoxicación: os de CCOO de manifa no parlamento e o Xan Hermida, autor intelectual destas trapalladas, na sección de opinión


    5

    Xoán Carlos

    Me parece loable que estes traballadores queiran defender o seu traballo e moi normal o que non é tan normal e que os seus xefes xa fai sete ou oito anos que saben que por mor de un lei da medioambiental da U.E ,Elnosa ten que cambiar o seu metodoxia de traballo por que no 2018 sé vai prohibir o uso do mercurio ,Elnosa foi estirando ata o final e agora pide unha proroga para poder facer o cambio de tecnoloxía e presiona co peche é a destrucción de emprego para que a Xunta de Galicia e o Governo Español lle concedan esa proroga. Por certo a empresa portuguesa dona de Elnosa ten outra en Portugal moito máis moderna que xa non ultiliza o mercurio no seu proceso de traballo ,por que aquí non invertiu para adaptarse a nova normativa?


    4

    Xonc

    Eu tamén quero pechar a vosa empresa e calquera que destroce Galicia. Ence-Elnosa é igual ou peor que unha central nuclear. Se tan boa é, que a leven a Madrid ou Barcelona.


    3

    XY3D

    Por qué razón non atacan ás mareas? outra vez a ambigüedade saelle ben os mareados, o importante é non meterse con ninguén e cair no inmobilismo político, sen proxecto, sen ideas, se futuro... Se fixesen unha enquisa a estes traballadores( que teñen todo o dereito a defender o seu traballo e son os máximos perxudicados do peche destas pestes de fábricas ) estarían entre o PP é a Marea.

    1 resposta
    1

    Por 838X: Como van atacar ás mareas se quen move os fios é Comisiones Peperas, sindicatiyo oficial das mareas e os do Podemois trataron de lavarlle a cara a ENCE e defendela e despois recuaron ao ver que lles perxudicaba?


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Concentración de traballadores de Elnosa ante o Parlamento / Europa Press

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.