A Fundación Franco pide ilegalizar o BNG, que denunciará na ONU a organización fascista

O presidente da asociación franquista defende os golpes militares e a apoloxía do fascismo no debate en laSexta con Ana Pontón, quen anuncia que o Bloque levará a esta fundación ante a Organización das Nacións Unidas.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 17/09/2017

Esperpéntica. Non se pode cualificar doutro xeito a aparición e as declaracións do presidente da Fundación Francisco Franco, Gonzalo Fernández de la Mora, no cara a cara que mantivo a pasada noite no programa 'laSexta Noche' coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Exhibindo a bandeira da España franquista e facendo permanentemente apoloxía do fascismo, do franquismo e da violencia militar como recurso para acadar o poder -evidenciando que están á marxe da legalidade-, o máximo representante dos nostálxicos da ditadura pediu, paradoxalmente, a ilegalización do Bloque Nacionalista Galego pola ocupación simbólica do Pazo de Meirás, o pasado 30 de agosto, por, dixo, "uso da violencia por motivos ideolóxicos". Un contrasentido.

No debate, Ana Pontón lembrou que "noutros países da nosa contorna onde houbo ditaduras non se permite a legalización de fundacións que claramente pretenden facer apoloxía do fascismo", polo que non se entende que no Estado español se manteña legalizada como fundación de interese público unha organización que defende o franquismo, que "tomou o poder polas armas e asasinou a miles de persoas", argüíu a portavoz do Bloque, quen incidiu: "Isto non pasa noutros lugares".

Facendo gala do esperpento da Fundación Francisco Franco, o seu presidente respondeu que "contrariamente ao que dixo a señora Pontón, en Europa a apoloxía do fascismo é perfectamente legal, por exemplo, en Italia", onde en 1952 se aprobou a Lei Scelba, coa cal se prohibiu. "Pero naturalmente os parlamentos democráticos son corrixidos pola xustiza, como está sucendo agora co Parlamento catalán, que fixo unha serie de leis obviamente ilegais, e a xustiza española, efectivamente, anulou esas leis. Que pasou coa Lei Scelba? Pois que o Tribunal Supremo italiano decretou que era perfectamente legal a defensa eloxiosa da figura de Benito Mussolini e do fascismo en xeral. Iso é así até o punto de que en Italia hoxe é perfectamente legal o saúdo romano, é dicir, o saúdo fascista, como saíu nunha sentenza de xuño deste ano", expuxo Fernández de la Mora.

"É dicir, nada de remitirse a Europa. En Europa é perfectamente legal a apoloxía do fascismo, en España é perfectamente legal a defensa eloxiosa da figura de Francisco Franco e, naturalmente, a nosa idea é facelo", insistiu o presidente da fundación franquista.

Pontón, durante a súa intervención, lembrou o dano e os delitos cometidos polo franquismo, e criticou duramente o pacto acadado na Transición española para non tocar nin levar aos tribunais a ningún responsable da ditadura nin a quen fai apololoxía dos crimes franquistas: "A min o que me sorprende é que unha fundación preconstitucional e fascista durante todos estes anos de democracia non fose ilegalizada. Porque cando un analiza a Lei de fundacións o que sorprende é que unha fundación que incita e defende o franquismo poida considerarse unha fundación de interese xeral. Alguén cre que é de interese xeral para o Estado español difundir a figura de Franco? Eu creo que máis ben é unha ofensa ás miles de persoas asasinadas, represaliadas, exiliadas e a todas as persoas que queremos unha democracia plena", dixo a líder do BNG.

O nivel do esperpento franquista elevouse aínda máis cando o presidente da Fundación Franco defendeu publicamente os golpes militares con argumentos peregrinos: "Dona Ana Pontón considera que é ilexítimo tomar o poder pola forza das armas. Esa é unha afirmación que carece de toda base. Por exemplo, o poder en Francia ou en Italia ou en Alemaña conquistouse pola forza das armas americanas, como todo o mundo sabe. A toma do poder pola forza militar é a base do poder na maior parte dos países", dixo ante unha Pontón estupefacta ante o que estaba escoitando.

DENUNCIAS MUTUAS

Esta descarada apoloxía do fascismo, da ditadura franquista e do caudillo é o que levará ao BNG a denunciar ante a propia Organización Mundial das Nacións Unidas a Fundación Francisco Franco para a súa ilegalización. Para a portavoz nacional do Bloque, a existencia desta asociación "é un síntoma de até que punto a Transición foi fallida e deixou uns pozos negros na democracia que non son tolerables". Por iso, anunciou, "imos levar esta denuncia á ONU".

Porén, e afondando no absurdo, Fernández de la Mora anunciou tamén que a Fundación Francisco Franco levará ante os tribunais españois o BNG. Así, dixo: "Profundando no tema da ilegalización do BNG, que é o tema clave que nos ocupa, a propia Ana Pontón, no seu Twitter, o mesmo día do asalto, dixo: os nacionalistas ocupamos o Pazo de Meirás. Ela mesma mesma solidarízase cunha actuación claramente delitiva, claramente tipificada no código penal da democracia. Nese código penal, no artigo 155, defínese con toda claridade que promover ou defender o uso da violencia ou o odio contra persoas ou asociacións por motivos ideolóxicos é causa de ilegalización de calquera entidade, incluído calquera partido político. É unha evidencia que o BNG promoveu, e exclusivamente por motivos ideolóxicos, un ataque violento, que é violación de morada, contra a residencia dunha persoa e que está xestionada por unha asociación".

Paradoxalmente, o presidente da Fundación Franco fai apoloxía pública do fascismo e defende a lexitimidade da violencia militar para acadar o poder político, pero condena unha ocupación simbólica dun Ben de Interese Cultural que cualifica de "violencia e odio por motivos ideolóxicos". Un esperpento.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

23 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 13

    touporroutou

    100 millons non home, mil millons, total por decir algon tanto ten cen como mil ou dez mil, quen cho dixo o terrorista que nunca foi ao carcere o Pio Moa ou o Cesar Vidal?


    12

    Phi Phi O'Hara

    Aos nacionalistas, digamos q non vos asiste o amor (quere decir q vos matades a alivios manuais) ¿Qué facedes a esa hora vendo a tele como vellos? Toda esa impulsividade do redactor é mera afectación. Lémbrame a un da Marea q no Fb é todo brío e nervio, pero velo pola rúa i é toda unha señora, q calceta ao andar. Relax, q o rollito alokado é so d loka karioka. A ver se alguén me pasa un enlace, q na Secta non atopo o programa.


    11

    arturo gz

    Que doado llo puxeron a Ana Pontón, debatindo contra un franquista. Ela defendendo a democracia, a liberdade e os dereitos políticos dos galegos e o franquista defendendo ao xenocida de franco e a súa dictadura violenta e nazi. Pontón defendendo que se devolva o que Franco roubou e o franquista defendendo o roubo. Pobre xente educada na época da dictadura, que reciviu unha educación sesgada, chea de mentiras, que estudiou unha historia de España unitaria inventada, todo un lavado de cerebro. Noravoa a Ana Pontón inda que o debate fose tan doado.

    2 respostas
    1

    Por anonimo: Home para fáciles as entrevistas a Martiño en vuestra cadena chachiguai.

    2

    Por arturo gz: Igual non me espliquei ben, eu son do bng. Solo quería facer ver que defender o franquismo e simplemente ridículo.


    10

    Gamela

    todas estas liortas non fan máis que ESCONDER A REALIDADE !!! https://twitter.com/Gamela2017/stat...


    9

    Phi Phi O'Hara

    Eu non vin o programa q estaba d festa, pero polo cabreo alocado do redactor da nova algo me di q o tal Fdez. de la Mora debeulle dar un baño do 15 á pontona ¿Algun enlace para ver o debate?

    2 respostas
    1

    Por Pih Pih OJara: Ti non estabas de festa, ti es a festa. Queda claro, por como te xustificas, que viches o programa. Non teñas tan mala conciecia que non pasa nada. Enlace aquÍ: www.lalala.la

    2

    Por Cuñaooo: Excusatio non petita... Se xa sabemos todos que ti, querido que ti non tes outra cousa que facer. A ver, normal porque de algo hai que vivir.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • Debate en 'laSexta Noche' entre a portavoz do BNG, Ana Pontón, e o presidente da Fundación Francisco Franco, Gonzalo Fernández de la Mora Varela.

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.