Morre un dos programas educativos máis premiados de Galicia

Sen botar toda a culpa á Xunta, un dos promotores do Modelo Burela lembra como os mandatarios acudían ao centro a facerse a foto. Agora, teñen que clausurar este programa de integración de mozos emigrantes e promoción do galego porque lles quitan as tres medias xornadas que o mantiñan a flote.

Por Manuel Vilas | Burela | 19/09/2017

O “modelo Burela” era un dos programas educativos máis premiados, veteranos e famosos de Galicia. Era, porque  os seus responsábeis acaban de anunciar a “fin dunha etapa” . Remata así unha traxectoria que dende 2004 acumulou numerosos premios polo seu traballo na integración de alumnos inmigrantes e na dinamización do galego na Mariña de Lugo.
 
Até este novo curso, o programa funcionaba grazas a que Educación permitía que tres docentes lle adicasen media xornada . “A administración eliminou os mínimos recursos con que a dotara (tres medias xornadas) e a comunidade educativa non soubo defender a conquista”, anunciaba este venres a bitácora de Modelo Burela.
 
En conversa con GC, Bernardo Penabade, o profesor de lingua, sinala á Consellería de Educación como unha das responsables, pero non a única. "É unha responsabilidade 100% da Administración? Non, cando hai medidas desacertadas todo o mundo somos responsables”, conclúe tras argumentar que “as conquistas sociais tamén hai que saber defendelas, o erro non está só no xestor, que é evidentemente é ao que máis culpa lle corresponde porque é o que ten a máxima responsabilidade".
 
Aínda que insiste en que “non se trata de botar só balóns fóra”, o mestre de lingua e literatura lembra que "o propio conselleiro si que estivo no noso centro e si que fixo a foto con nós no seu momento".
 
GC pediu opinión de Educación sobre a morte deste proxecto educativo. Dende a Xunta voceiros oficiais responderon que "non sabemos a que se refiren con 3 profesores a media xornada". "A única petición que consta na Xefatura Territorial de Lugo é un PT a maiores, que os servizos de Inspección, tras analizar as necesidades do centro educativo, consideraron que non era preciso", engaden dende San Caetano.
 
Iso que malia que na propia web da Xunta hai varias referencias de mandatarios que acudiron a “facerse a foto” ao IES Perdouro de Burela. Por exemplo, cando o  secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desprazouse á vila en 2012, o Goberno aproveitou para presumir que o “o coñecido Modelo Burela de Planificación Lingüística constitúe xa todo un referente no ámbito da dinamización lingüística no ensino”.
 
A Xunta deulle o premio de innovación Normalización Lingüística durante tres anos seguidos ao comezo desta década. Non foi o único galardón.  A Fundación Lois Peña Novo concedeulle o seu galardón en 2010 e o proxecto Hitzargiak da Fundación Donostia / San Sebastián Capital Europea da Cultura tamén o destinguiu en 2016. Este ano foi un dos finalistas Premios Acción Maxistral convocado pola FAD, a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO e BBVA.
 
Merecidos recoñecementos ao esforzo extra non remunerado dos docentes por evitar que os galegos de orixe caboverdiana, en moito casos en risco de exclusión social,  deixen os estudios. “Os resultados ían agromando” láianse  agora. Por exemplo, este ano, un dos alumnos beneficiados polas clases especiais do Modelo Burela, Alex Ladim Correia gañou un dos premios que dá a Xunta ao esforzo e superación persoal na etapa da ESO.
 
Penabade explica que agora non lles queda outra que seguir a loitar para que a loita contra o fracaso escolar entre os emigrantes e pola súa integración lingüística ( non se apague. O docente lembra que no seu centro teñen unha taxa de 20% de alumnado estranxeiro, moitos fillos de africanos que veñen a gañarse un futuro faenando no bonito, pero que hai problemáticas similares nas grandes cidades e en municipios máis pequenos do país, como por exemplo, Xinzo, Lalín ou Mugardos.
 
O profesor cre que, tras eliminárenlle as tres medias xornadas que permitía o funcionamento do programa, a situación ten “difícil amaño”. Os esforzos dos mestres involucrados continuarán, pero non cos mesmos medios polo que, loxicamente, non queren que se siga falando do “Modelo Burela”. 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

12 comentarios
2

Carlos Fraga

Se o Modelo Burela servía para que os inmigrantes de Cabo Verde e outros países mellorasen a lingua galega e a súa integración e o seu nivel de estudos (avalado por referencias obxectivas como o de Alex Ladim, ou diferentes premios nacionais), está máis que avalada a súa valía. Xa está.


1

Fartodalingua

Si es que estas cosiñas no te tienen mucho sentido. A los inmigrantes y a los niños gallegos en general, hay que enseñarles español, inglés, alemán, francés y cosas parecidas. Lenguas que le abran puertas y oportunidades más allá de la aldea tribal nazionalista Lo del gallego, mais alá da identidade, a língua do pobo asoballado y tonterías por el estilo, no pasa de Piedrafita. Y que no vengan aquí con lo de la lusofonía. Los libros portugueses tienen que ser reeditados en Brasil para que la gente los compre.

10 respostas
1

Por Sil: Os teus argumentos caen polo seu propio peso...vergoña me da escoitar cousas asi...

2

Por Freixo: FAS-CIS-TA e anal fabeto espanhol.

3

Por Xurxo: O teu é un problema de impotencia meu!

4

Por medomedás: Esqueciches o Árabe o Chines e o Catalán

5

Por Undopobo: Pois eu coido que Fartodalíngua ten razón no que dí. O galego está ben para andar pola casa, para falar entre nós ou para bromear cos amigos nos bares. Pero no eido da formación, é mellor que os nosos rapaces dominen ben as línguas que facilitan a incorporación a postos de traballo tanto en Galicia coma fora dela. E o galego neste sentido perde por goleada.

6

Por Unodelpoeblo: Tes razón undopobo aos nenos hai que ensinarlles linguas do primeiro mundo como o ingles ou o alemán e non terceirmundistas coma o castelán. Ata no espacio aereo español se quere prohibir o castelán por inútil, so o falan os paletos incultos dun Estado de turismo barato.

7

Por Meesmendrelloenlacapit: Esqueciches o chinés. Por certo, nas escolas que ensinen tamén a variante esa do castelán que usan nas cidades galegas... Eu cada vez teño máis problemas para entendelos. A partir de agora a miña loita vai ser: fálame en español de verdade. Ou sexa: no tienes niños en el colo, no petas en las puertas, no quitas un diez, no te esmendrellas...

8

Por BeneB: Alguen que defende o desoñecemento e a ignorancia dando leccións ¡¡o que hai que ver!!

9

Por nostrus: Lo del gallego esta muy bien y cada uno que lo use en el ambito que le de la gana y ya cada uno encontrará sus limitaciones. El problema esta en que hay devotos del gallego que consideran a éste la lengua verdadera, la lengua sagrada o algo asi y no les basta a ellos con usarlo cunato les de la gana, sino que ademas pretenden que todos comulguemos con su fe, algo asi como los devotos catolicos que quieren que todos seamos catolicos o como los vegetarianos que no soportan que los demas coman carne. El gallego es un derecho, pero nunca una obligacion mas allá de la que pueden tener los funcionarios para poder atender a los que deseen usar esa lengua.

10

Por jejejej: no! stop this bullshit! English is the only way forward to communicate. Spanish is crap!


Participantes do proxecto lingüístico Modelo Burela

O secretario de Política Lingüística visita o instituto do Modelo Burela /xunta.gal

Álex Landim, alumno do Modelo Burela, e a expedición acompañante (encabezada polo director do IES Perdouro, Santiago Pérez) recibiron o saúdo do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.