Pasos a considerar antes de unirnos a unha franquicia

Unha das vías máis comúns para lanzarse ao mundo dos negocios é montar unha franquicia. Unha vía que parte dunha gran avantaxa, contar cunha marca que, polo menos en teoría, logrou previamente o éxito noutros lugares ou incluso na nosa zona

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 22/09/2017

En todo caso, lembra que ninguén dá nada gratis. De comezo, é frecuente que as franquicias reclamen o pago dun canon de entrada, aínda que hai algunhas, as menos establecidas e que están en fase de expasión, que non. No caso das franquicias de éxito, no 99% dos casos hai que abonalo.
 
Ademais da entrada, o principal gasto que ten entrar nunha franquicia son os “royalties”. É dicir, pagarlle ao franquiciador unha porcentaxe dos beneficios que, no seu caso, obtemos explotando o negocio. Tamén hai franquicias que esixen o pago dunha cantidade determinada cada certo período de tempo.
 
Outro investimento que teremos que afrontar é no local. As franquicias soen esixir o mantemento dunha imaxe de marca moi estrita. Cómpre ter en conta que, precisamente, é esta imaxe de marca o principal activo do seu negocio. Por iso, non lles valerá que o local comercial ou de negocios se abra de calquera maneira. Reclamarán certo tipo de mobiliario, decoración, complementos, cartelería, papelería, etc. Material que, por suposto, haberá que adquirirlle ao propio franquiciador e ao prezo que el estipule, pois será o único provedor dispoñíbel.
 
A adquisición e o prezo deste material debe figurar no contrato da franquicia a asinar. Resulta, non fundamental, senón de todo imprescindible, que busquemos asesoramento especializado dun avogado para avaliar até o máis mínimo detalle da letra pequena.
 
O xeito de redactar estes contratos de franquicia é a miúdo complexos en extremo. Son textos legais que poden converterse nun auténtico labirinto para aqueles que non estean moi avezados no mundo dos negocios, e nunha posíbel fonte de pesadelos no futuro. 
 
Un letrado especializado tamén nos pode asesorar sobre o marco legal do negocio que queremos emprender. Urbanismo, publicidade, condicións dos traballadores, seguridade … son moitos os aspectos nos que a nosa actividade pode estar regulamentada administrativamente. Para non levarse sorpresas desagradábeis, cómpre buscar un avogado con experiencia no sector.
 
Outro dos pasos imprescindíbeis antes da abrir unha franquicia é pulsar a opinión doutros franquiciados, se é posible da nosa contorna xeográfica mellor. Traballar baixo o paraugas dunha franquicia non é garantía de éxito. Os famosos restaurantes de McDonalds ou os baratos supermercados Día son, por exemplo, algunha das franquiciadoras moi potentes que, así e todo, víronse envoltas en polémica nos últimos anos no país.
 
Os outros franquiciados son os únicos que nos poden aportar datos de primeira man sobre aspectos claves, como a repercusión das campañas de mercadotecnia. É habitual que as franquicias inclúan nos seus servizos determinadas accións de publicidade e, de feito, o calendario previsto de marketing é un dos documentos que debemos solicitar sempre antes de valorar se quera asinar un contraato. Debemos ter en conta que tales accións de comunicación poden ser un éxito nunha cidade ou comarca e, polo contrario, un fracaso noutra debido a diferencias de tipo cultural, a competencia, o calendario etc. 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Franquía

Non debería ser FRANQUÍA?


McDonald's de Vigo na avenida Gran Vía/ Roi González Villa wikimedia

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.