Consellos para que a contabilidade non nos leva á sepultura

Calcúlase que só unha de cada cinco empresas de nova creación sobrevive máis aló dos cinco anos de vida. Determinar se unha compañía está sendo rendíbel é unha das funcións básicas da contabilidade. Desgraciadamente, esta labor soe pasar desapercibida para moitos emprendedores, dado que consume tempo -incluso moitísimo tempo- e non ten unha repercusión directa, evidente a primeira vista, na nosa conta de resultados. Agora ben, se non sabemos como estamos a nivel financeiro, como podemos aspirar a saber onde temos que investir e onde temos que recortar?

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 27/09/2017

Por iso resulta fundamental tarefas como levar un control sistemático dos gastos. Isto, empezar con contabilidade, é algo que debemos facer dende o primeiro momento, para identificar os custes de posta en marcha no proceso e aqueles que corresponderán ao seu funcionamento regular.
 
O control de gastos mediante apuntes contables debe comprender diferentes categorías, como, por exemplo, custes financeiros, mercadotecnia, impostos, desprazamentos, seguros, patentes, alugueiros, salarios, etc. Debemos ser quen de avaliar a evolución do gasto en cada unha destas materias no tempo, polo menos, mes a mes. 
 
Antes de empezar con empezar con contabildad para efectuar este control no tempo, é imprescindíbel que dispoñamos dun software contable que nos fará a vida moito máis doada. A oferta neste eido é enorme. Un dos factores a ter en conta para escoller programa é que debemos confiar nun provedor que non solvente a papeleta agora, pero tamén no futuro.
 
Neste sentido, unha boa idea é buscar unha empresa de informática que traballe con software libre. Os programas privativos son propiedade exclusiva a determinados provedores, e calquera cambio nesta empresa -por exemplo a súa desaparición- pode deixarnos virtualmente sen ningunha porta á que chamar. Polo contrario, unha aplicación desenvolvida dende unha aplicación de código aberto implica que sempre poderemos levarlla a outro provedor que traballe con código aberto sen perder no camiño o traballo e os datos acumulados durante anos.
 
A través do programa de contabilidade debemos facer o imprescindíbel control de ingresos mediante apuntes contables. A maioría das aplicacións permiten vincular cada factura que emitamos coa correspondente proba documental do seu pagamento. Así poderemos producir informes regularmente, idealmente polo menos cada trimestre, sobre cales dos nosos clientes empezan a dar síntomas de poder converterse nun dos nosos peores pesadelos, os morosos recorrentes, dos cales debemos fuxir o antes posible. 
 
Especial coidado debemos ter coa categoría de impostos. Facenda non se anda con contos e calquera atraso no seu pagamento, aínda que sexa dun día, provocará unha sanción e/ou un recargo. Así o programa contable debe alertarnos con tempo dabondo para recompilar a información necesaria coa que encher as nosas declaracións. Unha vez abonada calquera taxa, imprescindible é arquivar documentalmente os comprobantes nun lugar seguro e de doado acceso, por se nos cae unha inspección. 
 
Como toda documentación importante, ningunha empresa debería funcionar sen manter copias de seguridade dixitalizada dos seus documentos contabeis, a poder ser en dous espazos físicos diferentes.
 
Por último, nunca esquecer que o tempo é diñeiro. Por iso contratar os servizos dunha asesoría contábel pode aforrarnos moitas preocupacións e finalmente tamén moitos cartos. 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Calculadora e ordenador /pixabay

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.