Porque un selo de empresa segue sendo imprescindible e que debemos incorporar nel

De acordo a lexislación vixente no Estado, nin as empresas nin as asociacións están obrigadas por Lei a dispor dun sello oficial. Agora ben, cómpre ter en conta que os sellos de goma seguen a ser, na práctica, imprescindibles para que as empresas e outras persoas xurídicas non se enleen en rebumbios burocráticos que custan tempo, e polo tanto diñeiro.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 29/09/2017

Por que? Moitos actores privados esixen un sello para poder darnos de alta nos seus servizos. Son digamos, bastante tradicionais. Por exemplo, os notarios, bancos, provedores de auga, luz … é moi posible que nos esixan que toda a documentación que lles entreguemos leve un sello de empresa -algo máis cun logotipo impreso nunha folla de papel- como proba de autenticidade.
 
Así mesmo, moitas entidades públicas o piden nalgúns trámites, aínda que en realidade non haxa base legal algunha para elo. Por exemplo, no caso de termos que retirar unha carta certificada no servizo de Correos e non sermos o administrador da compañía, teremos dificultades se a autorización correspondente non conta co respaldo da marca dun sello personalizado. E poñernos a discutir co empregado de Correos de non hai unha Lei que nos obrigue a dispor dun sello non acelerará o acceso a documentación. 
 
Agora que xa decidimos facer un sello de goma, que debemos incluír no sello da nosa empresa? Polo menos a súa denominación social -non necesariamente a marca baixo a cal traballamos-, o seu número de identificación fiscal (NIF), logotipo (no caso de dispor del claro) e a nosa fórmula social (sociedade anónima, sociedade limitada, cooperativa, etc.). É dicir, todos os elementos permanentes e exclusivos de nós, os que fixan indudablemente a nosa identidade. 
 
Incorporar elementos non permanentes pode resultar unha arma de dobre fío, unha decisión da que nos podemos arrepentir ao final. Así, por exemplo, no caso de incorporarnos o noso número de teléfono podemos axudar a calquera que teña un documento sellado da nosa empresa a dar con nós. Agora ben, no caso de que cambiemos de provedor de telefonía verémonos obrigados a cambiar tamén de sello. O mesmo pode suceder se incorporamos no sello a URL da nosa páxina web, email ou mesmo dirección física. Quen nos asegura que dentro de dous anos non estaremos noutra oficina? 
 
É certo que os sellos personalizados tampouco son tan caros, hainos dende menos de 15 euros os máis simples; pero realmente queremos que ande circulando por aí documentación cun sello que incorpora un número de telefono ao que xa non podemos responder? 
 
No referido as facturas, recordar que os diversos decretos que as regulan non establecen os sellos como un dos seus requerimentos imprescindibles. Unha factura electrónica, remitida sen sello físico, e tan legal e válida como unha factura en papel marcada con un sello. 
 
Isto é no referido ao mercado español. O conto pode cambiar, e moito, se facemos negocios a niveis internacionais. En moitas xurisdicións toda documentación mercantil debe ser sellada, polo que sería imprudente enviar nada físicamente ao estranxeiro sen estar marcado polo noso sello. 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Arrufat

Selo/carimbo


Sello /pixabay

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.