Help Flash, a luz galega que salva vidas, dá o salto ao mercado estadounidense

O dispositivo de sinalización de emerxencia impulsado pola start-up viguesa Netun Solutions, estará presente no SEMA Show das Veigas, o maior evento mundial de produtos especializados para a automoción.

Por GC Emprende | Santiago | 20/10/2017

Help Flash, empresa galega de dispostivos lumínicos, estará presente no SEMA Show, que se celebrará nas Vegas entre os días 31 de outubro e 3 de novembro. Trátase do maior evento mundial de produtos e compoñentes especializados para a automoción. Unha cita dirixida só a profesionais, que na edición anterior superou os 70.000 visitantes de todas as nacionalidades.
 
Segundo apunta a empresa nun comunicado, coa súa participación neste salón, o dispositivo Help Flash reforza a súa estratexia de internacionalización. Tan só pasou un ano desde que Netun Solutions lanzase ao mercado este innovador sistema, que xa conta con presenza en Francia, Alemaña, Reino Unido e Portugal. A start-up viguesa ten importantes plans para o 2018, ano no que espera instalarse en Estados Unidos e Asia con moi boas expectativas.  
 
Netum Solutions celebra este mes o primeiro aniversario do lanzamento de Help Flash con excelentes perspectivas de crecemento. Nos seus doce meses de vida xa vendeu un total de 40.000 unidades e espertou o interese de investidores nas diferentes roldas de financiamento. Ademais, obtivo importantes recoñecementos como o III Premio Emprendedores e Seguridade Viaria da Fundación Liña Directa, o Premio de Galería da Innovación na Feira Internacional Motortec-Automechanika e foi o gañador do IV edición de #Insurtechtalks de Axa Seguros.  
 
Unha luz para salvar vidas
 
Help Flash é un equipo de sinalización luminoso que advirte dunha emerxencia na estrada sen necesidade de saír do vehículo. A súa importancia vén dada polo grave perigo que supón colocar os triángulos de emerxencia, sobre todo de noite ou en situacións de visibilidade reducida. 
 
A súa instalación é inmediata: basta con colocalo sobre calquera superficie metálica para que se active automaticamente, e tamén se pode facer de forma manual. O dispositivo, que se alimenta dunha pila, emite escintileos de luz ámbar visibles ata un quilómetro de distancia en condicións de baixa luminosidade. Así mesmo, conta cunha luz branca adicional para que poida ser empregado como lanterna. 
 
Lucía Gregorio, nova directora de sistemas
 
Netun Solutions traballa nunha versión conectada de Help Flash que permitirá emitir avisos aos servizos de emerxencia ou á compañía de seguros. Por iso, incorporou recentemente a Lucía Gregorio como nova directora de sistemas para liderar a parte de desenvolvemento tecnolóxico desta mellora de Help Flash.
 
Lucía Gregorio é enxeñeira industrial e desenvolveu toda a súa carreira profesional no ámbito das telecomunicacións.  Do seu extenso currículo destaca ser durante 8 anos directora xeral de INEO, a Asociación de Empresas de Tecnoloxías de Galicia, e que leva 4 anos colaborando como experta externa da Comisión Europea no programa de I+D H2020 (en especial no ámbito da fotónica). Tamén cabe destacar o seu traballo como directora de innovación da consultora Econet, onde foi a encargada de grandes contas como a de Telefónica.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Antilumes

Parabéns a Netun Solutions! Por favor, centrade tamén os vosos esforzos artellar algo para combater o lume que queima o país!

2 respostas
1

Por Asauto: ben falado!

2

Por cesc: Moi boa proposta, "Antilumes". Falta fai.


Help Flash, sistema lumínico de emerxencia en estradas deseñado por unha empresa galega

Lucía Gregorio incorporouse á startup gallega Netun Solutions

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.