A Xunta activa o programa de instrumentos financeiros innovadores para pemes

Prevé mobilizar 60 millóns de euros en máis de 100 proxectos desenvolvidos no ámbito da Industria 4.0, iniciativas impulsadas por novos emprendedores e proxectos innovadores.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 31/10/2017

A Xunta activou este luns, coa súa publicación no DOG, o novo programa de instrumentos financeiros innovadores (IFIS) a través do cal se prevé mobilizar 60 millóns de euros en investimentos de pemes galegas en máis de 100 proxectos desenvolvidos no ámbito da Industria 4.0, iniciativas impulsadas por novos emprendedores e proxectos innovadores. Este programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2018, está dotado con 33 millóns de euros, e cofinanciado ao 80% con fondos Feder.

Os préstamos, que poden ir desde 50.000 euros ata un millón, contarán con prazos de amortización de entre 7 e 12 anos, e incluirán unha subvención para rebaixar os custos financeiros, polo que os xuros a pagar polos beneficiarios poderían quedar no 0%.

A liña dirixida á Industria 4.0 apoiará especialmente investimentos centrados no denominado novo modelo industrial. Os importes dos préstamos poderán ir desde 65.000 euros ata un millón, para cubrir ata o 65% dos investimentos en novos centros produtivos, ampliacións de capacidade ou liñas de fabricación de novos produtos. Terán prioridade proxectos que inclúan tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e a Industria 4.0: robotización, fabricación aditiva, sensórica, sistemas cíber-físicos, automatización, conectividade, vehículos autónomos, dixitalización, big data ou Loxística 4.0.

A segunda tipoloxía de préstamos está destinada a sociedades mercantís constituídas maioritariamente por novos emprendedores e cunha antigüidade máxima de 42 meses. O importe dos préstamos, que financiarán ata o 50% dos activos fixos e capital circulante necesario para a posta en marcha de novos negocios, poderá oscilar neste caso entre os 50.000 e os 200.000 euros. Terán prioridade tamén modelos de negocio novidosos e proxectos vinculados aos obxectos da Axenda Industria 4.0 e á Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3).

A través da terceira liña de financiamento concederanse préstamos comprendidos entre 50.000 e 500.000 euros para financiar investimentos innovadores de pemes, especialmente de base tecnolóxica, startups, e tamén empresas de traxectoria contrastada que deciden impulsar proxectos innovadores. Os proxectos deberán estar aliñados coas prioridades e obxectivos da RIS3.

Estes novos instrumentos de financiamento ás pemes articúlanse como unha fórmula para completar o labor das entidades financeiras e atender necesidades de financiamento postas de manifesto na avaliación previa levada a cabo polo Igape, de acordo co previsto na normativa comunitaria que regula os fondos europeos no marco 2014-2020. Un dos obxectivos dos instrumentos financeiros innovadores é conseguir que o financiamento das entidades financeiras privadas cubra entre o 25 e o 40% dos investimentos apoiados.

O novo programa de préstamos reforza os instrumentos integrados no Galicia 1000 para achegar financiamento axeitado a todos os proxectos empresariais viables. O programa Galicia 1000 prevé achegar este ano financiamento a 3000 pemes, despois de apoiar máis de 5000 empresas nas tres primeiras edicións.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Innovación / Xunta.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.