Castrosua, a evolución dunha empresa familiar a empresa internacional

Juan Luis Castro impartirá a master class «Empresa familiar: reflexións persoais dunha evolución» este xoves no Campus da Coruña de IESIDE.

Por GC Emprende | A Coruña | 09/11/2017

«O valor da experiencia como xerador de coñecemento» é un ciclo posto en marcha polo Campus da Coruña de IESIDE para resaltar o valor e a importancia da experiencia na creación e consolidación de negocios. E, este xoves, a partir das 19.00 h, acollerá unha master class a cargo de Juan Luis Castro, presidente de Castrosua. Acompañarano neste relatorio Gabriel González Eiroa, director comercial de ABANCA, e Francisco Montes, coordinador de IESIDE. 
 
A master class, titulada «Empresa familiar: reflexións persoais dunha evolución», está enmarcada dentro dunha iniciativa desenvolvida en colaboración entre IESIDE e a Asociación Galega da Empresa Familiar, cuxo lema é «Empresas familiares de éxito ensínanche como o fixeron». 
 
A entrada está aberta a calquera que desexe asistir, só é necesario realizar unha inscrición previa nesta ligazón.
 
Castrosúa e Juan Luis Castro
 
Juan Luis Castro é licenciado en Medicina e Cirurxía e doutor en Oftalmoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu a súa carreira como médico en diversos hospitais ata o ano 2008, data na que se incorpora a Castrosua como vicepresidente e conselleiro delegado. Co obxectivo de fortalecer as súas habilidades directivas, Juan Luis Castro realizou o Programa de Alta Dirección (PAD) da Escola de Negocios Caixanova no ano 2009. No ano 2013 é nomeado presidente de Castrosua. 
 
Ademais, Juan Luis Castro foi presidente da Asociación de Fabricantes de Carrocerías de Autobuses y Autocares (ASCABUS) entre 2012 e 2016, membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela desde 2014, membro do Consello da Zona Noroeste da Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) desde 2016 e membro da xunta directiva da Confederación de Empresarios de A Coruña desde 2016. 
 
Poñer en valor a experiencia
 
A colaboración entre a Asociación Galega da Empresa Familiar e IESIDE xorde co propósito de poñer en valor a experiencia como fonte de coñecemento para o progreso. Da man de importantes nomes empresariais das compañías familiares de Galicia, potenciarase a transmisión ao público asistente das claves deste tipo de negocio e, sobre todo, de como conseguiron e conseguen ser empresas de éxito nun mundo globalizado e fortemente competitivo.
 
IESIDE promove, mediante a organización desta actividade, o recoñecemento do valor da experiencia, un lema que aplica tamén na súa Área de Envellecemento Activo, ao destacar a importancia da vivencia como un complemento esencial para un exhaustivo modelo de aprendizaxe. Polo tanto, mediante esta proposta, a formación académica que oferta IESIDE vese enriquecida cun ciclo de conferencias que, de maneira práctica, aborda os diferentes procesos de vida da empresa no ámbito do negocio familiar, un modelo moi afianzado en Galicia.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Antinostrus

De admirar......un tìpo co "futuro asegurado" que, aínda así, tivo azos para queimar-se as pestanas estudando Medicina e Oftalmoloxía......o Master Class deberá ir dirixido aos moitos, langráns e camándulas (tipo cipaiomononeuronal do Nostrus et all), fillos de pequenos empresarios que se deixaron o lombo en levantar os seus pequenos imperios para que os seus indolentes descendentes laminen todo ese patrimonio en dous lustros.....


Evolución das carrocerías da empresa Castrosua / Castrosua

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.