As feministas galegas cargan contra a "incompetencia" do PP na loita contra a violencia machista

A Plataforma Feminista Galega censura a reforma do servizo 016, que prestará tamén atención aos posibles agresores.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/01/2018

A Plataforma Feminista Galega volve cargar contra o Goberno do PP por "reafirmar a súa falta de compromiso na loita pola igualdade". Así o consideran as activistas, que acusan ao Executivo de "negar o problema estrutural da violencia machista que asasina a miles de mulleres, só por seren mulleres".

As feministas instan a elaborar un novo prego para a xestión do 016 que non compatibilice a atención ás emerxencias das vítimas de violencia machista co asesoramento aos seus posibles agresores.

"Despois de conxelar o orzamento disposto no pacto contra a violencia machista, o que visiblemente non é considerado como un asunto de prioridade política, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade publica un prego que modifica por completo o obxectivo dun recurso específico contra a violencia machista que leva funcionando dende hai dez anos, o teléfono 016, teléfono de atención ás vítimas de maltrato por violencia de xénero. O PP inclúe un novo servizo que ofrece orientación e información aos homes en materia de igualdade, pervertendo completamente este recurso orientado ás vítimas", censuran as feministas.

Dende a Plataforma Feminista Galega considérano "un profundo erro que banaliza o obxectivo dun recurso necesario para as vítimas de violencia machista" e que "obriga a estas a compartir o mesmo cos seus agresores". Para as feministas, coa elaboración desta reforma, "o PP demostra de novo a súa incompetencia en materia de xénero".

Aínda que asumen e concordan en que son necesarios programas de prevención que inclúan asesoramento e información destinados a homes, as feministas ven "un grave disparate" e sobre todo unha "grande irresponsabilidade" por parte do Goberno do Estado, que o 016, un número de teléfono estipulado para atender emerxencias para vítimas de violencia machista, se utilice para outros fins.

A Plataforma Feminista Galega esixe que se retire de forma inmediata de dito prego de condicións e insta ao Goberno do PP a elaborar outro que non compatibilice a atención ás emerxencias das vítimas de violencia machista co asesoramento aos seus posibles agresores.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

11 comentarios
3

Roi de Vigo

Es increíble que haya gente que se sienta amenazada por el feminismo, movimiento que busca la igualdad entre hombres y mujeres. Algo por lo que vale la pena luchar, ya sea por nuestras hijas, madres, hermanas, vecinas, etc. Podéis gritar y chillar todo lo que queráis, pero la sociedad, os guste o no, se mueve en esta dirección y va camino a normalizar esta IGUALDAD. Ánimo!!

2 respostas
1

Por Hombre libre: Solo te faltó intentar convencernos que los niños vienen de Paris. El feminismo en otra época era algo muy respetable. Hoy es una ideología tan totalitaria como el comunismo o el fascismo, además de emplear consignas similares. Eso sí, bien regada de pasta gansa.

2

Por stop feminazis: Iso é o que queren, máis pasta para as súas sinecuras. A "industria" dos mil millóns de euros: observatorios, asociacións, ONGs, etc.


2

Freedom for men

Qué horror de foto.

2 respostas
1

Por home feminista: Freedom for men, que noxo de "ser humano"

2

Por stop feminazis: A condición de ser humano é precisamente o que nos queren quitar aos homes, incluido ti aínda que non te enteres de qué vai a película, zangamoinas.


1

stop feminazis

"De 23 niños asesinados por sus progenitores este año en España, dieciséis lo fueron presuntamente a manos de sus madres y siete a manos de sus padres" ( https://www.canarias7.es/hemeroteca... Acabemos con esta lacra. Paremos o terrorismo das mulleres contra os nenos!

4 respostas
1

Por home feminista: Cala, porco

2

Por stop feminazis: Cala ti, matanenos.

3

Por home feminista: que orixinal, teño visto mandriles con máis capacidade para insultar ca ti. Pero dalle, mellor que botes fóra todo ese lixo mental que gardas na cabeciña

4

Por stop femiparvos: Ti debes de ser deses que critican a Catherine Deneuve e que cando una nai mata un fillo lle chaman "suicidio ampliado" e a tratan de víctima. Non te preocupes, cando algunha tola desas que defendes che faga un 016 xa madurarás de golpe. Au revoir, paspanciño.


Manifestación en Vigo contra a violencia machista / Miguel Núñez.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.